A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público súmase ao manifesto contra o delito de desordes públicas agravadas

Unha representación da Plataforma estivo presente na rolda de prensa na que diferentes colectivos alertaron do ataque aos dereitos democráticos e das liberdades públicas presente na reforma do código penal

Un comezo de curso pospandémico? A “volta á normalidade” dos recortes e do abandono do ensino público

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, fixo unha avaliación da situación do inicio deste curso e anunciou as concentracións que van ter lugar este mércores día 7 contra os recortes da Xunta

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a responder aos recortes da Xunta

Promove unha resposta descentralizada nos centros educativos na véspera do comezo das clases, o día 7 de setembro, ademais dun acto central diante da Consellaría.

A Plataforma Galega insiste no boicot contra as reválidas de Primaria e ESO

Denuncia que o Partido Popular segue “R que R” cunha lei que ten os días contados

A Plataforma Galega inicia unha campaña para promover a matrícula nos centros públicos

Co lema “Faite do ensino público” chaman a apostar pola rede pública como mellor ferramenta de equidade e cohesión social.

Confírmase o éxito do boicot ás reválidas

Máis dun 80% en 6º de Primaria e un 96% en 4º da ESO secundan a protesta convocada pola Plataforma Galega

O rexeitamento ás reválidas aumenta por cuarto ano consecutivo e o boicot supera o 80% nos centros galegos

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGEDEP) concentráronse esta mañá no Parlamento de Galiza coincidindo co inicio das probas en 3º de Primaria previstas para hoxe e mañá en todos os centros do país.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama ao boicot contra as reválidas de primaria e ESO

Animan a dar continuidade ao éxito do boicot de cursos anteriores e a non baixar a garda na loita contra a LOMCE e o control político neoliberal da educación

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma cita dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo para supeditarse á conveniencia económica das empresas do sector

"As administracións do PP demostran co seu desleixo que a educación ten prioridade cero na súa acción de goberno"

O portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse así á parálise da LOMCE que está a aplicarse "pola porta de atrás" e sen que se debata a súa derrogación

Quizais quixo dicir:

< Abril 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
26/04/2024
DOG 23 Abril 2024
Calendario escolar

Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.

DOG 23 Abril 2024
Premio Clubes de lectura

Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.

DOG 23 Abril 2024
Tribunal nº 2 de procesos de diagnóstico clínico

Publicado o resultado sorteo do tribunal nº 2 da especialidade Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico que, por erro, non fora sorteado.

Outros 22 Abril 2024
Programa Lanzadeiras Lugo

Publica a web da Consellaría a resolución provisional de proxectos presentados á convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo 2023/2024.

Outros 22 Abril 2024
Concurso de Traballo por proxectos

Anuncia a Consellaría a convocatoria do X Concurso de Traballos por Proxectos.

DOG 19 Abril 2024
Programa Cuale

Publicada no DOG a convocatoria para os centros participaren no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2024/25.