O Consello Federal da CIG-Ensino colle folgos co aval dos resultados electorais cara ao 8M e ás próximas mobilizacións sindicais

Ademais da folga de mulleres de 24 horas convocada para o Día Internacional da Muller Traballadora, o sindicato chama ao profesorado a participar este sábado ás 12 en Compostela na manifestación nacional por un sistema de pensións digno e garantido

A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario

A falta de rematar o escrutinio na provincia da Coruña duplicamos o número de delegados/as da segunda organización sindical (60 fronte a 28) e mantémonos como a forza maioritaria no ensino público galego.

A CIG-Ensino entregoulle á conselleira as principais demandas do profesorado galego co aval da campaña de recollida de 12.000 sinaturas

O sindicato acudiu á reunión convocada pola nova titular de Educación agardando poder coñecer propostas para esta nova etapa da Consellaría mais o encontro non supuxo ningunha novidade sobre a actual liña de actuación do goberno.

A CIG-Ensino encara unhas novas eleccións co obxectivo de se manter como referente na defensa do profesorado e do ensino público galego

Un total de 744 docentes conforman a súa candidatura ás eleccións sindicais no ensino público non universitario do 4 de decembro ás que concorren co lema “Gañarmos o futuro”.

Quizais quixo dicir:

< Abril 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
25/04/2024
DOG 23 Abril 2024
Calendario escolar

Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.

DOG 23 Abril 2024
Premio Clubes de lectura

Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.

DOG 23 Abril 2024
Tribunal nº 2 de procesos de diagnóstico clínico

Publicado o resultado sorteo do tribunal nº 2 da especialidade Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico que, por erro, non fora sorteado.

Outros 22 Abril 2024
Programa Lanzadeiras Lugo

Publica a web da Consellaría a resolución provisional de proxectos presentados á convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo 2023/2024.

Outros 22 Abril 2024
Concurso de Traballo por proxectos

Anuncia a Consellaría a convocatoria do X Concurso de Traballos por Proxectos.

DOG 19 Abril 2024
Programa Cuale

Publicada no DOG a convocatoria para os centros participaren no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2024/25.