Publica en período vacacional do profesorado as instrucións para o desenvolvemento do curso académico 2017/18
09/08/2017
/Peche xaneiro 2017 SXPL
A Consellaría volve deixar clara a nula defensa que fai da nosa lingua, pois nin sequera aproveita estas instrucións para dar solución a situación de “exclusión” e “eliminación” que o galego sofre no ensino dadas as modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO. O alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.
/recorte ensino. sinal tráfico
A adxudicación de destinos provisionais no corpo de mestres destaca polas itinerancias e pola non cobertura dalgunhas prazas do catálogo de postos
03/08/2017
Todo o profesorado do corpo de mestres que non ten destino definitivo incorporarase ao seu destino provisional para o curso 2017/18 o 1 de setembro. Neste novo curso escolar as cifras que salientamos desde a CIG-Ensino, logo dun estudo completo da adxudicación, son as dun elevado número de vacantes con itinerancias. Dun total de 2.458 mestras e mestres que obtiveron destino, un 18% terán que impartir docencia en máis dun centro, sendo nalgúns casos as itinerancias de 4 centros. Especial importancia dentro das itinerancias teñen as persoas que serán orientadoras, xa que sen variar o total de prazas adxudicadas, 166, as que teñen que atender máis dun centro increméntanse un 9% ao respecto do curso pasado.
/Log destinos provisionais secundaria
Máis dun 28% do profesorado provisional de secundaria impartirá materias das que non é especialista
03/08/2017
Un curso máis a Consellaría de Educación ven de dar novas mostras da precarización do traballo do profesorado con destino provisional dos corpos docentes de secundaria. No estudo realizado pola CIG-Ensino da adxudicación de destinos provisionais poden observarse claros indicios do que vai ser un novo curso con peores condicións de traballo para aquel profesorado que non ten destino definitivo, ben porque o perdeu recentemente polo peche de centros e a supresión de docentes ou ben porque levan anos en expectativa de destino ou como persoal interino.
/ESAD de Galiza (Vigo)
A Dirección Xeral de Persoal confirmou que a redución de 6 docentes no único centro de estudos superiores de Arte Dramática no país será finalmente de 2.
02/08/2017
O pasado 24 de xullo notificóuselle oficialmente á dirección da ESAD de Vigo a redución de 6 profesores no “cupo" do centro; esta redución implica a destrución do modelo de ensino dun centro exemplar a nivel estatal. Finalmente na adxudicación de destinos provisionais do 31 de xullo esa redución quedou en 5. Agora a Consellaría comunicoulle á CIG-Ensino que a redución quedará en 2 docentes.
Aclaracións sobre a nómina na que se aplican os atrasos do 1%
29/07/2017
Todo o profesorado acaba de recibir a nómina do mes de xullo e quen reparara no PDF recibido, ademais de na contía, puido pensar que farían falta unhas instrucións de uso para non ser perder na súa interpretación.
Transcorridas case dúas semanas desde a Mesa Sectorial, a orde aínda non se publicou no DOG.
28/07/2017
Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO, e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, atopámonos agora, vencido practicamente o mes de xullo, con que o profesorado afectado polo peche de centros nas Pontes, Outes, Ribadavia e O Porriño aínda non sabe se vai ter que adscribirse aos centros receptores ou se terá que elixir destino provisional para o curso 2017/18.
A cifra podería aumentar xa que varias das prazas se poderían suprimir no próximo curso
18/07/2017
A Consellaría de Educación, nun novo xesto de falta de negociación, non proporcionou ningún dato concreto sobre a cifra total do profesorado que perde o seu posto de traballo nin das futuras supresións que xa avanzou o conselleiro no Parlamento.
O prazo de reclamacións e renuncias comeza o día 1 de agosto de 2017 e remata o día 2 de setembro, ambos incluídos.
31/07/2017
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de destinos.
A Consellaría pecha 6 unitarias e suprime 100 postos de traballo que se engaden aos 31 provocados polos recentes peches e traslados de ensinanzas
26/07/2017
A Consellaría segue adiante coa política de desmantelamento do ensino público, antepoñendo os criterios economicistas á calidade da educación. Un desmantelamento que incide especialmente na atención ás necesidade educativas específicas e que vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das rateos e a imposibilidade de realizar desdobres, así como á redución de oferta de aulas e de profesorado no medio rural, provocando que se agrupe a un maior número de alumnado de diferentes niveis e mesmo etapas educativas.
Pola vulneración dos principios de igualdade, mérito e capacidade e de liberdade ideolóxica no sistema de acceso
05/07/2017
É inconcibíbel que no século XXI o Ministerio de Defensa continuara da man da igrexa católica pretendendo saltar as normas que rexen para toda a cidadanía, e esixindo requisitos de idoneidade da igrexa católica para impartir aulas nun centro pagado con diñeiro público
 
 

17-08-2017
  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 10 de maio de 2017. Ligazón 
17-08-2017
  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18. Ligazón 
17-08-2017
  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas o ciais de idiomas de Galicia. Ligazón
14-08-2017
  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación de nitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2017/18 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino de nitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2017 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón 
14-08-2017
  ORDE do 28 de xullo de 2017 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Eleven School, de Vigo. Ligazón 
14-08-2017
  RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga da sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ligazón 
14-08-2017
  RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que convocaron as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursou ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2016/17. Ligazón