21/10/2014 A CIG-Ensino esixe a dimisión da xefa territorial de Lugo pola súa actuación irregular e a súa irresponsabilidade no dito nomeamento
Onte, 20 de outubro, a Consellaría de Educación anunciou no claustro e no consello escolar que cesaría a actual directora, nomeada a dedo, recoñecendo a ilegalidade cometida, despois do recurso presentado pola CIG-Ensino.
 
18/10/2014 Esta vez os recortes son no IES Poeta Añón da Serra de Outes
A CIG-Ensino quere mostrar o seu apoio ao IES Poeta Añón da Serra de Outes que veu reducido este curso o número de docentes coa desculpa de estaren os titulares en comisión de servizos.
Non Plus Altos Cargos
16/10/2014 Era a cuarta xuntanza de negociación do terceiro borrador de anteproxecto
A Área Pública da CIG vén de retirarse da mesa de negociación do anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galiza ao non se aceptar apenas ningunha das emendas presentadas pola central sindical e ao negarse a administración a retirar o plus de altos cargos, mentres se manteñen todos os recortes laborais e salariais para as empregadas e empregados públicos.
 
15/10/2014 Mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso
A Consellaría de Educación está adxudicando as prazas de formación profesional dual (FP Dual) mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso, como vén sendo a norma no resto das modalidades de formación profesional.
 
14/10/2014 Continúa exixindo a dotación dun profesor ou profesora de Lingua española
A CIG-Ensino continúa exixindo a dotación dun profesor ou profesora de Lingua española, tal e como estaba prometido, e solidarízase coas dúas nais da ANPA do IES Vilar Ponte denunciadas pola directora do centro e demanda a inmediata retirada da denuncia. Ao mesmo tempo, a CIG Ensino acusa a Consellaría e a Xefatura Territorial de Lugo, en particular, de seren as responsábeis do que está acontecendo no IES Vilar Ponte de Viveiro, de seren incapaces de resolver o conflito que provocaron, de actuar de forma improvisada e prepotente e de vulnerar sistematicamente a legalidade vixente.
 
11/10/2014 A CIG Ensino acusa á Consellaría de ser a responsable do que está acontecendo
A CIG Ensino acusa á Consellaría de ser a responsable do que está acontecendo no IES Vilar Ponte de Viveiro e mostra unha vez máis o seu apoio á comunidade educativa nas súas demandas.
 
9/10/2014 O inicio deste curso escolar está pondo ao descuberto con maior virulencia as múltiples carencias e necesidades de profesorado nos centros escolares
O inicio deste curso escolar está pondo ao descuberto con maior virulencia as múltiples carencias e necesidades de profesorado nos centros escolares. O denominador común deste curso, agravado pola redución dos cadros de persoal dos cursos anteriores, é a supresión de profesorado e a negativa a dotar do profesorado mínimo necesario demandado polos centros.
concentracion plataforma outubro 2014
8/10/2014 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse diante da consellaría para denunciar as consecuencias dos recortes
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse na mañá deste mércores 8 de outubro diante da Consellaría de Educación en Santiago para denunciar a situación na que continúan máis de douscentos centros educativos aos que a Consellaría segue negando o profesorado que precisan. Aos recortes súmase neste inicio de curso, segundo denunciou a PGDEP, a improvisación na aplicación da LOMCE
rolda area publica outubro 2014
7/10/2014 Avaliaron en rolda de prensa as xuntanzas coa conselleira de Facenda e da Mesa Xeral onde solicitaron a súa retirada súas polas consecuencias para os servizos públicos e o emprego
En maio de 2013 presentouse o primeiro borrador de anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galiza. Un ano e medio despois hai xa un terceiro borrador sobre o que se abriu onte, na Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as extraordinaria, un novo proceso de “negociación” que para a Área Pública da CIG é un “paripé”. De feito xa demandou, por escrito e en sucesivas xuntanzas, a súa retirada porque “nin é unha lei de emprego público”, nin recolle aspectos que para a central sindical son básicos para recuperar os servizos públicos, o emprego ou os dereitos sociais e laborais das e dos empregados públicos.
concetracion coruña 2014 setembro
1/10/2014 A CIG-Ensino acordou presentar un recurso pola non cobertura dos catálogos de centros que están publicados
A CIG-Ensino esixiu este mércores o cese inmediato da actitude “intimidatoria” da Consellaría de Educación contra os centros que reclaman a cobertura das súas necesidades de profesorado. É fíxoo precisamente con concentracións diante das Xefaturas Territoriais da Coruña e Pontevedra, xa que estas dúas delegacións son das que máis duramente están atacando ao profesorado e ás comunidades educativas que demandan un ensino público de calidade.
Rolda de prensa Marta e Anxo setembro 2014
30/9/2014 Acordou presentar un recurso pola non cobertura dos catálogos de centros que están publicados
Tras 20 días de comezo de curso en Infantil e Primaria e 15 en Secundaria persisten os recortes e seguen sen cubrirse as necesidades máis imperiosas dos centros, fundamentalmente as súas demandas de profesorado. Fronte a isto, e no canto de atender a esas necesidades, a CIG-Ensino denunciou este martes, en rolda de prensa, a actitude “intimidatoria” das Xefaturas Territoriais da Coruña e Pontevedra contra estes centros, mesmo utilizando a páxina web da consellaría para os desprestixiar. Por iso ten convocado unha mobilización diante de ambas as dúas para mañá mércores ás 11:15 horas.
CARTAZ ASEMBLEAS CXT 2014
29/9/2014 A CIG-Ensino solicitoulle á Consellaría a convocatoria da Mesa Sectorial Docente non universitaria co obxecto de que se trate a convocatoria do CXT
A CIG-Ensino realizará asembleas informativas abertas sobre a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados. Ademais a CIG-Ensino solicitou a convocatoria da Mesa Sectorial Docente non universitaria co obxecto de que se trate a convocatoria do Concurso. Podes consultar no interior o escrito dirixido á Consellaría de Educación e as datas e lugares das asembleas.
20111221 Conentración Área Pública
26/9/2014 Feijoo engana a opinión pública xa que a parte da extra de 2012 que anuncia que vai devolver é a ordenada polos xulgados e non di nada sobre as pagas extras de 2013 e de 2014 (reducidas nun 40%) nin da restitución dos salarios que se reduciron en máis dun 20% en relación ao 2010
O xoves, 25 de setembro, houbo reunión da Mesa Xeral de Administracións Públicas do Estado, da cal forma parte a CIG, na que se constatou que o PP continúa menosprezando e atacando os empregadas e empregados públicos.
 
26/9/2014 Absoluta chapuza na apertura do novo centro
Desde a CIG Ensino esiximos a dotación inmediata do material necesario nos dous centros así como a dotación do profesorado necesario para o normal desenvolvemento do curso.
 
26/9/2014 A CIG-Ensino mostra o seu apoio ao profesorado e alumnado do IES de Sar que se está mobilizando para esixir que se envíe un profesor ou profesora de Filosofía
Desde a CIG-Ensino denunciamos a irresponsabilidade da Consellaría de Educación ante a situación do IES de Sar, en Santiago, que se vén sumar á xa longa listaxe de centros afectados por continuos recortes nos cadros de persoal. Unha vez comezado o curso, o día 18 de setembro , o claustro do IES de Sar, de Santiago, foi informado de que a vacante de Filosofía non sería cuberta. Logo de que a docente inicialmente destinada no centro para esta materia comezase a impartir aulas, foi asignada con posterioridade a outro. Isto supuxo que se estean reelaborando neste momento o horarios do profesorado e que aproximadamente 130 persoas ( 4 grupos de bacharelato, 1 de 4º da ESO e 1 de 2º da ESO) non estean recibindo clase.
 
24/9/2014 O 31 de decembro remata o prazo para que a estas persoas se lle recoñeza ese tempo como cotizado para efectos de xubilación
A CIG-Ensino dirixiuse ao Valedor do Pobo que proceda para que a Consellaría de Educación achegue unha solución ao profesorado do plan do 67 que segue sen poder certificar as prácticas remuneradas a fectos de tempo cotizado e ao que lle remata o prazo par facelo o 3 de decembro deste mes. A CIG-Ensino xa se dirixiu no mes de maio á Consellaría de Educación para que certificara a realización destas prácticas ao profesorado xa que hai profesorado que, malia reunir todos os requisitos, non pode conseguir esta certificación das prácticas, debido a que o centro onde as realizou xa non existe ou non hai documentación daquela época. Accede no interior ao escrito dirixido ao Valedor.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
23/9/2014 Empraza e exixe á Consellaría que obrigue ao Concello a substituír a praza con xornada completa
O CPI Camiño de Santiago do Pino iniciou o curso escolar sen bedel . A desavinza entre o Concello do Pino e a Consellaría de Educación, unha vez producida a xubilación do anterior conserxe, supuxo que o centro escolar estivese sen bedel desde o 1 de setembro.
Non aos recortes no ensino
23/9/2014 Usa a páxina web institucional para atacar ao centro
A CIG-Ensino quere insistir no seu apoio ao profesorado do IES A Proba diante do novo ataque da Consellaría de Educación que decidiu utilizar a súa páxina web para darlle publicidade a un comunicado de prensa no que volve agredir ao profesorado deste centro. A CIG-Ensino denuncia o camiño iniciado pola Consellaría de Educación máis preocupada pola imaxe pública dos seus responsábeis que polas necesidades dos centros.
Pereiro de aguiar
16/9/2014 A CIG-Ensino denuncia que se limitou o dereito de manifestación durante a visita do monarca español ao centro Ben-Cho-Shey de Ourense
A CIG-Ensino denunciou esta mañá, no decurso da concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coincidindo coa inauguración do curso escolar no centro Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, a hipocrisía das institucións que participaron no acto: Monarquía, Xunta, Ministerio e Consellaría de Educación. “Veñen inaugurar o curso, nun centro público, institucións que son precisamente as artífices do seu desmantelamento”, afirmou Anxo Louzao. [GALERÍA DE IMAXES NO INTERIOR].
Non aos recortes no ensino
15/9/2014 A CIG-Ensino esíxelle ao Xefe Territorial que rectifique e pida desculpas ao equipo docente do centro
A CIG-Ensino quere amosar o seu apoio ao profesorado do IES A Pobra diante das declaracións do Xefe Territorial da Coruña nas que responsabiliza aos docentes da situación de abandono do centro escolar e das súas carencias.
 
11/9/2014 A CIG-Ensino valora positivamente a creación da nova especialidade pero esixe que se cumpran as normas de contratación de profesorado
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vén de nomear a dedo o profesorado que vai impartir docencia da especialidade de Dirección de Orquestra. A CIG-Ensino, que propuxo a creación desta especialidade á Consellaría de Educación, vén de esixirlle por escrito ao director xeral de centros e recursos humanos que oferte a praza a todo o profesorado en activo que estea en posesión desta especialidade e que de ser necesario se abra unha lista de interinidades.
O rosal setembro 2014
11/9/2014 A CIG-Ensino repudia a actitude da Xefatura Territorial que responde á ANPA e ao profesorado desde a web da Xunta e manipula os datos
A CIG-Ensino expresa o seu apoio ao CPI Suárez Marquier no Rosal que onte iniciou un peche indefinido de profesorado e dos pais e nais en demanda do cumprimento da Orde do 12 de agosto do 2010 pola que se establece o número de unidades e postos de traballo docentes en educación infantil, primaria e educación especial.
Concentracion 10 9 2014
10/9/2014 Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse na mañá deste mércores 10 de setembro
Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse na mañá deste mércores 10 de setembro diante da consellaría de Educación, coincidindo co comezo do curso escolar en Infantil e Primaria, para denunciar os recortes de profesorado, a supresión de unidades, a masificación das aulas e a precarización do ensino público, mentres se favorece o ensino privado concertado.
Rolda PGDEP setembro 2014
8/9/2014 Repasou en rolda de prensa as carencias do sistema educativo
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou este luns 8 de setembro en rolda de prensa que iniciará as mobilizacións cunha concentración o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo co a inauguración oficial do curso no colexio Ben-Cho-Shey. A PGDEP repasou nesta rolda de prensa as carencias do sistema educativo, moitas delas endémicas e que non son atendidas pola Consellaría de Educación. O abandono, o desmantelamento e o decrecemento da calidade no ensino público contrasta -denuncia a Plataforma- coa potenciación que se fai do ensino privado concertado, incluso subvencionando centros que segregan alumnado por sexo.
 
4/9/2014 En varios centros estase a incumprir a Orde que fixa os cadros de persoal
A CIG-Ensino denuncia a neglixencia da xefatura territorial de Educación de Pontevedra, que non resolveu aínda as peticións de profesorado para o vindeiro curso de acordo coas necesidades dos centros. Dende a central nacionalista consideran especialmente grave o feito de que, a data de hoxe, a xefatura estea a incumprir a Orde do 12 de agosto do 2010 pola que se establece o número de unidades e postos de traballo docentes en educación infantil, primaria e educación especial.
Cartaz ILP CIG Enisno
3/9/2014 de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza
Pronto terás no teu centro a posibilidade de asinar a ILP de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza. Podes ler o que imos reclamar no parlamento e animar ás túas compañeiras e compañeiros a asinar. Se queres un prego para recoller sinaturas no dubides pedilo en calquera dos nosos locais.
Rolda inicio curso 2014
2/9/2014 A CIG-Ensino canalizará a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular as medidas para restituír os dereitos do profesorado, a defensa do ensino público e o combate á LOMCE
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Ana Rodiño integrante da Executiva advertiron este martes 2 de setembro en rolda de prensa que se inicia un novo curso escolar cargado de conflitividade e problemáticas como consecuencia dunha política educativa alicerzada no abandono do ensino público en beneficio do privado concertado, supresión de unidades, redución de profesorado, masificacion das aulas, maior precarización e inestabilidade do profesorado, españolización, marxinación do noso idioma e empeoramento da calidade do ensino.
Alumnado concertada
18/8/2014 Anxo Louzao: "É totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino"
Este luns, 18 de agosto, a Consellaría publicou  no DOG unha orde pola que se modifican os concertos educativos con centros privados. A CIG-Ensino denuncia que, mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado segue a incrementar o número de unidades concertadas con centros privados, incrementando así os fondos públicos para financiar empresas privadas.
STOP LOMCE
14/8/2014 A CIG-Ensino presentará recurso contra esta orde pola súa ilegalidade
A CIG-Ensino denuncia a chapuza sen límites que vén de realizar a Consellaría de Educación coa publicación no DOG da ORDE do 23 de xullo de 2014 pola que se regula a implantación para o curso 2014/15 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria, segundo o calendario de aplicación da LOMCE.
Entrega escrito CXT Xullo
13/8/2014 Ao incrementarse as prazas itinerantes e con afíns na adxudicación de destinos provisionai
A CIG-Ensino denuncia que nas adxudicacións de destinos provisionais de profesorado de Primaria e Secundaria, para as que este luns remataba o prazo de reclamacións e en que se lle asignou destino para o curso que comeza en setembro a 5464 profesores e profesoras, pon en evidencia o empeoramento das condicións de traballo do profesorado.