non chamar substitucions
21/2/2017 A CIG seguirá denunciando o abandono da Consellaría de Educación con respecto ao ensino público e reclamará a cobertura inmediata de todas as baixas
A CIG-Ensino esixe a inmediata cobertura de todas as baixas, na vindeira mesa sectorial do día 2 de marzo solicitará unha explicación e demandará que non se volva repetir esta situación
 
14/10/2016 Información para o Profesorado Interino e Substituto, mesa outubro de 2016
Información para o Profesorado Interino e Substituto, mesa outubro de 2016
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
14/11/2014 A CIG-Ensino esixe que se remate con esta discriminación
A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellería de Educación que arbitre as medidas necesarias para autorizar as permutas provisionais entre profesorado interino.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Concentración interinos/as marzo 2013
20/3/2013 No curso actual, malia a existencia de máis de mil xubilacións e a ausencia de procesos selectivos, máis do 50% do profesorado interino de secundaria non obtivo destino
Con pancartas nas que se podía ler “non máis despedimentos” ou “traballo para o profesorado interino e substituto”, San Caetano converteuse hoxe no escenario no que a CIG-Ensino lle exixiu á Consellaría de Educación que cese nos recortes de docentes no ensino público. Na concentración, a CIG-Ensino demandou un verdadeiro acordo de estabilidade para o colectivo de profesorado interino e substituto.
Traballo para o profesorado interino e substituto
14/3/2013 convoca unha concentración para o mércores, día 20, ás 11:30 horas, diante de consellaría de Educación
Até o de agora, para acceder á listaxe de profesorado interino para aquel profesorado que nunca traballara considerábase tanto a fase de oposición como o concurso de méritos, mais, agora, a Consellaría pretende que o único criterio sexa o da fase de oposición. Para a CIG-Ensino, é inaceptábel que a Consellaría de Educación pretenda modificar só este procedemento, sen considerar a restitución do pagamento no verán ao profesorado substituto e sen emprender ningún tipo de negociación para acadar un acordo de estabilidade que remate coa condición de precariedade e desemprego do profesorado interino e substituto.
Subsitututos e interinos non chamar por vacacións
13/12/2011 A situación repítese período vacacional tras período vacacional
A CIG-Ensino DENUNCIA, unha vez máis a ineficacia e neglixencia da Consellaría na cobertura das baixas do profesorado. A día de hoxe, ás 13:30 horas, eran 118 as baixas sen cubrir, un número que se incrementa cada hora que pasa, con novas peticións de centros, mentres a Consellaría a penas fixo chamamentos desde o día 1, en concreto 15 en Primaria e 7 en Secundaria. Mentres 34 prazas anteriores a esa data non recibiron o profesorado substituto necesario.
folga interinos
 
19/9/2011 Escrito presentado na Consellaría
A CIG Ensino mantén o criterio de que o persoal interino debe ter dereito a estas permutas polo que esiximos unha resposta rápida e satisfactoria para este colectivo docente.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Profesora desbordada
7/9/2011 Isto engádese á redución en 800 profesores/as nos centros públicos de infantil e primaria
Os criterios mercantilistas imperantes na Consellaría de Educación, chegan a tal nivel que este curso, por primeira vez fai o que non fixo nunca: atrasa a toma de posesión do profesorado que comeza traballar con contrato de interinidade até o día 12, o mesmo día en que se inicia o curso, para aforrar 11 días de soldo, sen importarlle as consecuencias para os colexios e para o profesorado afectado que chegará ao centro o mesmo día en que comezan as clases sen saber que curso imparte nin que horario ten e, por tanto, sen poder ter nada preparado. A Consellaría impide así que este profesorado participe na programación do curso e na posta en marcha do centro.aínda que ten adxudicado destino desde o día 30 de agosto
Profesora
6/5/2011 Posición CIG-Ensino ante a nova modificación da addenda
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en resolución do 10 de maio de 2010 regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación. Trátase dunha nova addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995 que a CIG-Ensino non asinara, entre outras, cousas por considerar que significaba unicamente un acordo de colocación pero non renovaba o acordo de estabilidade que viña funcionando ata daquela.
Subsitututos e interinos non chamar por vacacións
7/4/2011 Este número verase incrementado coas baixas que se xeren desde hoxe até a volta da semana santa. A non substitución dos docentes repítese cada vez que nos acercamos a un período vacacional
A CIG-Ensino denuncia que acaba de comprobar hoxe, día 06 de abril, que a Consellaría de Educación ten determinado non cubrir 54 baixas do profesorado. Número que se verá incrementado por todas as baixas que se xeren de aquí até a volta do período vacacional da semana santa.
xustiza
23/12/2010 Outro logro da CIG Ensino na loita na defensa deste profesorado
Resolve un pedido de decisión prexudicial presentado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 3 de Pontevedra, nun procedemento iniciado por unha afiliada da CIG-Ensino e dirixido pola asesoría xurídica do noso sindicato, ao través da nosa avogada, María Costas Otero. Única avogada que presentou alegacións tal como recolle a propia senteza.
interinos
28/4/2010 BAIXAS SEN CUBRIR
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue coa súa política de ataque ao ensino público, empeorando a calidade do servizo, ao non cubrir as baixas do corpo de mestres coa inmediatez necesaria.A Día de hoxe, están sen cubrir 44 prazas. Destas 35 son baixas por enfermidade, e 5 permisos por matrimonio. No caso dos permisos todos eles son comunicados cun mes de antelación, polo que a Consellaría pode facer a previsión das prazas que terá que cubrir. Destes cinco casos, un iniciouse o día 22, outro o 23, outro o 26 e outro onte día 27, ou sexa unha media de tres días de non cobertura do permiso. Sabemos que a un dos centros que preguntou porque non se estaba a cubrir este permiso, cando en anos anteriores se cubría o mesmo día en que se iniciaba, respondéronlle que extraviaran o escrito. Desde a CIG preguntámonos se a táctica é nos catro casos extraviar o escrito para que cando o atopen falten menos de dez días e non se cubra o permiso. Ademais estes catro casos son un de inglés (o do 22), outro de Pedagoxía terapétutica (o do día 27) e dous de Educación Primaria (os dos días 23 e 26).
Publicacións
27/4/2010 ADDENDA INTERINOS/AS
Na Mesa Sectorial do 13 de abril a Consellaría presentou o texto para unha nova addenda ao Acordo sobre o acceso á función pública docente en calidade de profesorado interino e substituto. A presentación deste texto obedece á necesidade de recoller, por un lado, a esixencia de contar co máster para o acceso a Profesorado de Ensino Secundario e profesorado de EEOOII e, por outro, para dar cumprimento ás sentenzas que recoñecen que se pode formar parte de máis dunha listaxe. Xa na mesa anterior, a CIG-Ensino reclamara que estas cuestións, que debían ser tratadas, se recollesen como un acordo da Mesa Sectorial e non como unha modifi cación do Acordo de 95 que a CIG non subscribira no seu día, nin conta hoxe co apoio da maioría sindical actual, pois soamente asinaron o acordo e as addendas de 2002 e 2006 ANPE e CCOO.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
manifestacion3
15/9/2009 Adxudicación destinos provisionais
Ante esta grave situación, a CIG-Ensino convoca a unha concentración para o mércores 16 de setembro, ás 11.30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para esixir que se satisfagan as necesidades dos centros e que se adxudiquen prazas a todos os interinos e interinas.
Publicacións
14/4/2009 Trienios Anteriores a maio 2007
Unha sentenza gañada pola CIG obriga a pagar os trienios polos servizos prestados como persoal interino con anterioridade a maio de 2007. Infórmate dos pasos a dar nesta nova.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
xustiza
2/2/2009 Trienios 5 anos atrás
Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen presentou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios. Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP
xunta
12/12/2008 Baixas
A Consellería de Educación estase negando a cubrir todas aquelas baixas do profesorado que se están producindo desde o día 10 de decembro e que se produzan até o ano 2009.
euro
3/9/2008 Sexeneios para profesorado que tivera traballado anteriormen
Despois da reivindicación realizada pola CIG-ENSINO, o Consello da Xunta de Galicia do pasado 31 de xullo acordou que “Os funcionarios dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 272006, do 3 de maio, de educación, que accedan á condición de funcionarios de carreira durante os anos previstos na disposición transitoria décimo sétima da citada lei, consolidarán, con efectividade do día do seu nomeamento como funcionarios de carreira, o número de sexenios que lles corresponda en función do número de anos de servizo prestado como docentes e o número de horas de formación que acrediten en dita data, a razón de 100 horas por cada sexenio.”
Publicacións
20/6/2008 Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen formulou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios ...
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
20/2/2008 CIG-Informa: Oferta de Emprego Públco 2008
Consulta a OEP e a nosa valoración. O luns, a petición da CIG-Ensino, presentaranse na mesa sectorial propostas de modificación dalgúns flocos, mais non se percibe unha vontade de abordar cuestións centrais senón só de matiz e secundarias.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
boe
19/1/2008 OPOS 2008
No BOE do 18 de xaneiro de 2008 publícase a orde ECI/25/2008 pola que se prorroga a vixencia dos temarios que rexirán as oposicións de acceso, ingreso e adquisición de novas especialidades nos diferentes corpos da LOE. Polo tanto rexerán os mesmos temarios do 2007. Consulta a orde e os temarios vixentes nas ligazóns correspondentes
mesa sectorial
14/12/2007 Mesa sectorial 14-12-2007
Na Mesa sectorial do 14-12-07 tratáronse dentro dos rogos e preguntas os seguintes temas: Acceso a Cátedras, Formación Profesorado, Calendario temas a negociar, permisos, sexenios profesorados en prácticas, profesorado interino...
parlamento
 
3/9/2007 Profesorado interino
Unha vez rematadas as oposicións, tal como foi acordado no Parlamento Galego, compre retomar o proceso negociador a prol dun Plano de Estabilidade para o profesorado Interino. Neste sentido, reproducimos unha iniciativa presentada polo BNG que se enmarca no compromiso que adquireu esta organización logo das conversas mantidas cos grupos parlamentares durante o pasado curso.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
aula trevinca forga
 
6/6/2007 Códigos de titulacións de secundaria
Borrador presentado pola consellaría o 31-05-2007 sobre titulacións que se exixirán para acceder a listaxes de interinidades e substitucións en Secundaria. Se queredes facer algunha suxerencia facédeo no seguinte enderezo galiza@cig-ensino.com
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
diñeiro
18/5/2007 Trienios de profesorado interino.
Logo da publicación no DOG do pasado luns 14 de maio da Orde que recoñece o pagamento de oficio dos trienios a todo o persoal interino da Xunta de Galiza, o 18 de maio aparece no DOG a Orde onde se ditan normas relativas ao cobro de trienios por parte do profesorado mencionado. Tal e como reclamara e xa adiantara a CIG-ENSINO o pagamento efectuarase de oficio.
fp
 
18/3/2007 Oferta de Emprego Público
A CIG-Ensino insiste na necesidade de negociar as ofertas públicas de emprego cos sindicatos para evitar precipitacións e analizar cada unha das especialidades avaliando as consecuencias laborais desta oferta e buscando solucións que non poñan en perigo a estabilidade no emprego do profesorado. Así dase o caso de certas especialidades de ciclos que teñen profesorado acollido as súas listas en función duns requisitos que agora se mudan esixindo unhas titulacións que non teñen.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
parlamento
23/2/2007 Acordo estabilidade
Hoxe, 23 de febreiro, tiveron lugar as entrevistas da plataforma pola estabilidade do profesorado interino e sustituto cos grupos parlamentares do BNG e PSOE.
 congreso
 
23/2/2007 Decreto de acceso
Reproducimos a iniciativa do BNG na que se contemplan unha serie de preguntas e propostas que a CIG-Ensino lle presentamos a este grupo parlamentar para aclarar e mellorar o Decreto de acceso.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
concentracion
7/2/2007 Interinos/as e substitutos/as
O 7 de febreiro ás 12 horas, tivo lugar unha concentración de máis de 200 delegados/as diante da Consellaría de Educación para exixirlle a negociación dun acordo de estabilidade e de melloras nas condicións retributivas e laborais do colectivo.
Publicacións
1/1/2007 Xaneiro 2007
Asembleas informativas do 1 de febreiro. A CIG-Ensino conseguiu que o profesorado interino cobre os trienios. Novo decreto de acceso. Loita por un acordo de estabilidade. Oferta de emprego público
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador