Mesa sectorial 1
13/7/2017 Condicións para a recolocación do profesorado.
A Mesa Sectorial terá lugar o martes 18 de xullo.
 
6/6/2017 A CIG-Ensino puxo en evidencia a problemática que está a sufrir o profesorado en expectativa de destino que, en varias materias, leva varios anos agardando a obter un destino definitivo
A CIG-Ensino reclamou da consellaría que resolva esta situación que ademais de permitir que este profesorado poida exercer plenamente os seus dereitos laborais, redundará na mellora da calidade do ensino o permitir uns cadros de profesorado máis estábeis.
Mesa sectorial 1
1/6/2017 Borradores do CADP (primaria e secundaria) e Asesores de Formación e CAFI
Consulta no interior os documentos remitidos pola administración para a mesa sectorial convocada para o martes 6 de xuño ás 10:30 horas así como os nosos CIG Informas.
Recurso
16/5/2017 Na mesma mesa, continuación da do martes pasado, tamén se falou da regulación das permutas provisionais
Na Mesa Sectorial de hoxe a Consellaría presentou unha proposta de modificación do actual texto que regula o acceso á función pública docente do persoal interino e substituto que non introduce nin a recuperación dos dereitos arrebatados ao colectivo durante estes últimos anos nin a posibilidade de negociar un acordo de estabilidade longamente demandado por este profesorado
logo mesa sectorial
9/5/2017 Na Mesa avanzouse tamén no recoñecemento dos servizos prestados
Hoxe tivo lugar a Mesa Sectorial en que se trataron as ordes sobre escolarización de alumnado de atención preferente, prazas sometidas a convenio, comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar e recoñecemento de oficio das vacacións aboadas, non recoñecidas como servizos prestados, e varios. O vindeiro martes continuará a mesa para tratar a orde de permutas e a modificación na contratación do profesorado interino.
logo mesa sectorial
4/5/2017 Inclúe tamén a orde que regula as permutas provisionais, as concilias e o recoñecemento como servizos pretados das vacacións non gozadas
Consulta no interior toda a documentación e información da mesa que continuará o martes 16 de maio.
logo mesa sectorial
30/3/2017 Licenzas de Formación, orde de reintegros, orde PIALE
Consulta no interior a información sobre a mesa e os documentos remitidos pola Consellaría de Educación
 
2/3/2017 Temas tratados nos varios da mesa sectorial de hoxe 2 de marzo de 2017
Nesta nova incluiremos os varios da mesa sectorial celebrada hoxe 2 de marzo de 2017
2070302 Mesa sectorial
1/3/2017 Oferta de emprego, convocatoria, concurso direccións...
A CIG-ENSINO considera que a oferta presentada pola Consellaría é totalmente insuficiente para atender as necesidades do Ensino Público e esixiu da Consellaría de Educación a inmediata convocatoria das oposicións. Nesta nova tes toda a información sobre os temas tratados na mesa sectorial.
 
13/2/2017 A orde do día inclúe tamén a convocatoria para a elección de direccións
A Consellaría de Educación vén de comunicarnos un cambio na data de convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a oferta de emprego que se apraza até o xoves 2 de marzo ás 10 horas da mañá.
Mesa sectorial 1
5/10/2016 Nesta mesa tratáronse entre outras cuestións os concursos de traslados
Nesta nova terás toda a información sobre a Mesa Sectorial do martes 11 de outubro na que se trataron as ordes do concurso xeral de traslados, do concurso de orientación e de adultos.
 
8/6/2016 Do 7 de xuño
Impartición da relixión no Bacharelato, ensino concertado, paga extra, reválidas, oposicións, oferta de FP, IES Sanxillao, profesorado de PT e AL, Tecnoloxía, Ensinanzas artísticas, coordinadores/as das TIC, coordinadores/as de programas europeos dos CMUS superiores, praza de restauración, formación pedagóxica, orde de avaliación de Primaria, prazas amortizadas no CXT e perfís das vacantes na adxudicación provisional, Debuxo, Comisións de selección das direccións, CMUS de Compostela, Equipos específicos de orientación, funcionarios en prácticas, tribunais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
3/6/2016 Para tratar varios curriculos de FP
A Consellaría de Educación convocou Mesa Sectorial para o martes 7 de xuño para tratar varios proxectos e anteproxectos de decreto de formación profesional. Consulta no interior da nova a documentación.
 
31/5/2016 No interior toda a documentación
No interior da nova podes acceder a toda documentación e á información da Mesa sectorial. Irase ampliando.
 
25/5/2016 Tamén de se van tratar as ordes de adxudicación de destinos provisionais, entre outros temas
Hoxe recibimos diferente documentación para a próxima reunión da Mesa Sectorial. Entre os temas que se tratarán nesa mesa está o Calendario escolar para o vindeiro curso, do que se nos entrega o borrador. Unha vez máis, a CIG-Ensino ten que manifestar o seu rexeitamento a que cuestións alleas á docencia, como son as festividades relixiosas, marquen o calendario escolar e provoquen a descompensación entre os tres trimestre do curso, con diferenzas que no caso do primeiro trimestre chega ser de vinte e un días lectivos máis có terceiro, ou quince días entre o segundo e o terceiro. A CIG-Ensino reclamará unha vez máis que se procure unha compensación entre os tres trimestres.
logo mesa sectorial
25/5/2016 Maio 2016
A Consellaría de Educación vén de remitirnos, para o seu debate na Mesa sectorial o proxecto de decreto de 6 currículos de FP Básica, a modificación do procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado e as ordes que regulan o calendario escolar, as licenzas por formación, o reintegro individual de gastos por formación, a adxudicación de destinos provisionais, o concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor e tamén concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e dos centros de formación e recursos.
 
15/3/2016 A CIG-Ensino reclamou a paralización da LOMCE e a non realización das reválidas
Na Mesa Sectorial de hoxe, 16 de marzo, foron tratadas tamén as ordes polos que se convoca concurso para Direccións de centros e Equipos de Orientación Específicos entre outros temas.
 
10/3/2016 Realizada o martes 15 de Marzo
A orde do día inclue a convocatoria para o nomeamento da dirección de centros, o Programa Piale, convocatoria para equipos de orientación e para prazas sometidas a convenios.
 
22/1/2016 Orde de permisos e licenzas, oposicións, decreto de ensinanzas artísticas e temas varios
Accede no interior da nova á información da Mesa Sectorial do 19 de xaneiro na que se trataron a orde de permisos e licenzas, a convocatoria de oposicións, o decreto de ensinanzas artísticas e temas varios.
 
19/1/2016 Negociada nas mesas do 12 e 19 de xaneiro
A CIG-Ensino esixiu, para iniciar a negociación do proxecto de Orde, que se mantivese o permiso de até tres días para indisposicións e enfermidades leves mediante xustificación documental. A Consellaría aceptou manter o permiso. A Consellaría recolle, a proposta da CIG-Ensino, un permiso de catro días para formación en horario lectivo. Segue lendo os logros da negociación no CIG Informa.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160112 Concentración Previa Mesa Sectorial OPE e CXT
12/1/2016 Delegados e delagadas da CIG-Ensino realizaron unha concentración ante a Mesa Sectorial para demandar a modificación do borrador da orde
Na Mesa Sectorial realizada hoxe, a Consellaría accedeu á reclamación da CIG-Ensino de que se mantivese o dereito do profesorado a ter unha licenza dun máximo de tres días para enfermidades leves con xustificación e a modificar a referencia ás vacacións. En palabras do Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao: “o mantemento do dereito a manter o permiso por ausencias por indisposición ou enfermidade leve superior a tres días cando se achegue a pertinente xustificación documental, é fundamental. No interior da nova podes consulta a nova redacción proposta pola Consellaría.
 
8/1/2016 A CIG-Ensino denuncia a actuación maquiavélica e de desprezo ao profesorado
A Consellaría de Educación vén de enviarnos a convocatoria da Mesa Sectorial para o martes 12 de xaneiro, ás 10 da mañá, cunha extensa orde do día que abarca a negociación de seis ordes e decretos e oito puntos. Estamos ante unha actuación maquiavélica da Consellaría que é a mostra máis evidente do desprezo e desconsideración co profesorado e cos órganos de negociación, pois, despois de 6 meses sen convocar Mesa Sectorial, a última reunión foi o 23 de xuño de 2015, agora pretende concentrar nunha única sesión unha orde do día inabarcábel co único obxectivo de cumprir co requisito legal de pasar pola Mesa, mais sen ningunha intención real de negociación.
20160112 Concentración Previa Mesa Sectorial OPE e CXT
8/1/2016 Realizada o 12 de xaneiro
Á vez que se desenvolvía a mesa sectorial delegadas e delegados da CIG Ensino concentráronse esixindo a retirada do borrador da nova orde de permisos e licenzas. A administración acepta, como resultado da negociación, incluír de novo o permiso de tres días por indisposición leve e dar unha nova redacción ao apartado das vacacións de cara a cumprir a legalidade.
Mesa sectorial 1
29/12/2015 A administración envía os textos para a mesa a celebrar en xaneiro
Por enésima vez a administración galega aproveita o período vacacional do persoal docente para anunciar borradores importantes para o seu persoal, neste caso o borrador do concurso de traslados e a nova orde de permisos e licenzas.
Mesa sectorial 1
23/6/2015 Praza de Lingua Galega no Cañada Blanch de Londres, currículos de FP e varios
Toda a información sobre a Mesa Sectorial celebrada o día 23 de xuño para negociar a orde para cubrir unha praza de docente de LLG no Colexio Cañada Blanch de Londres, 12 novos currículos de ciclos de FP e varios temas propostos pola CIG-Ensino
logo mesa sectorial
5/6/2015 Tamén inclúe a orde pola que se convoca a praza de lingua galega no Vicente Cañada Blanch (Reino Unido)
Martes 23 de xuño, ás 10:00 horas
logo mesa sectorial
26/5/2015 Teredes toda a información da mesa sectorial nesta nova
Despois dun longo e intenso debate en que a CIG-Ensino se empregou en convencer á Administración, o mércores de cinza será NON lectivo, rematando o curso o día 22 de xuño en todas as etapas. No interior desta nova iremos colgando toda a información da mesa sectorial: Calendario, Concursos de adxudicación de destino provisional (CADP), Creación dun IES en Culleredo e Rogos e Preguntas.
logo mesa sectorial
23/4/2015 Tamén se tratou o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación e licenzas de formación
Foi o martes 28 de abril, ás 10:00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, e durante a mesma a CIG-Ensino reclamou, no debate do Currículo da ESO e do Bacharelato, o incremento da carga horaria de filosofía en 1º de Bacharelato de dúas a tres horas, petición que foi aceptada pola Consellaría de Educación. Iremos completando toda a información da mesa nesta mesma nova.
logo mesa sectorial
9/4/2015 Información da Mesa Sectorial do 7 de abril
Este martes lugar unha reunión da Mesa Sectorial Docente en que, entre outras cuestións, se tratou a Orde de convocatoria de formación en linguas estranxeiras (PIALE), unha orde que só oferta 140 prazas, cando no ano 2011 foran 325. Correlativamente, reduciuse o orzamento en relación ao ano 2011 nun 50%, sendo neste curso de 453.000 €. A CIG-Ensino denunciou que esta orde segue sendo un instrumento para os obxectivos políticos do PP, exclusivamente interesado en formar o profesorado en lingua inglesa para potenciar os centros plurilingües e as seccións bilingües, e non na adquisición de maior competencia en linguas estranxeiras para o conxunto do profesorado.
logo mesa sectorial
24/2/2015 Curriculos de FP, orde PIALE e cambio de destino profesorado institutos técnicos de ensinanzas medias
Consulta no interior da nova toda a información da Mesa Sectorial do 7 de abril. A orde do día inclúe os seguintes asuntos: currículos de FP de Técnico en Artes Comerciais, Impresión Gráfica, Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, de Técnico Superior en Integración Social, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, Atletismo, Hípica, entre outros e as orde pola que se convocan prazas relativas ao PIALE e para cambio de destino e reingresos a resultas deste por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que se van extinguir.