Portada CIG Informa Permisos e licenzas Consorcio
 
18/4/2020 Aprobadas no Comité Directivo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Desde a CIG seguiremos a esixir a constitución dunha mesa de negociación de cara a solucionar os problemas que aínda teñen todas as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego, entre elas destacamos a solución do problema das substitucións e das listas de agarda e co obxectivo de que definitivamente se aplique o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160609 Consorcio. Convenio XA
1/3/2017 Integración do persoal do Consorcio no V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta
Cando en setembro asinamos o primeiro acordo para a integración do persoal do Consorcio no V Convenio dixemos que era mellorábel pero que era un avance para o persoal laboral do Consorcio, nel tendíase á homologación das prazas, dereitos e oportunidades para que todos/as puideran acceder, tanto fixos como temporais, e se pechaba a porta a unha posíbel privatización. Só quedaba pendente o tema das categorías de persoal xerocultor e persoal de servizos xerais (PSX) ao que ao fin lle dimos solución. Parabéns a todo o persoal do Consorcio, a loita por un #VConvenioXA xa ten os seus froitos e sen deixan a ninguén atrás.
 
1/3/2017 Acordo final para a ratificación dos Comités de Empresa do Consorcio
Texto final do acordo na comisión de persoal e no comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
1/2/2017 O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar nomea 15 prazas de persoal para 8 das súas escolas infantís por aumento de matrícula e horas antes de comezar, déixaas en 7 prazas
Desde a CIG reiteramos a nosa esixencia de nomear ás 15 persoas que o propio Consorcio de Igualdade e Benestar consideraba necesarias para que as Escolas Infantís podan funcionar con Normalidade
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20170130 Ultimato
 
31/1/2017 De non ter proposta inmediata actuaremos con seriedade e firmeza para forzar o acordo!
A CIG é un sindicato serio e chegado o momento convocará asembleas de traballadoras previas a mobilizacións reais e fortes: FOLGA!!
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160609 Consorcio. Convenio XA
 
9/1/2017 A administración queda de facer unha proposta de redacción partindo de que hai acordo ao 99%
De ver que a administración volve dar marcha atrás ou que dilata as negociacións convocaremos en asemblea ás traballadoras do Consorcio para decidir que medidas tomar, que, evidentemente chegados a este punto non pode ser outra que unha folga.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
201612 Rotura Negociacións Consorcio
 
21/12/2016 Non quere que teñamos iguais condicións laborais e salariais que o resto do persoal laboral da Xunta
No último día pactado para negociar o acordo sobre as categorías do Consorcio que deberían ser incluídas no V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza, a dirección Xeral de Función Pública, o Xerente do Consorcio e a Consellaría de Política social non aceptaron a proposta unánime presentada polo comité intercentros. Ou se retoma a negociación de maneira inmediata ou haberá FOLGA!
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Consorcio: como sempre, seguimos á espera
13/12/2016 Información da reunión mantida co Xerente do Consorcio
Nin na parte final da historia do Consorcio, previo á súa integración na Xunta de Galicia, conseguimos un pouco de claridade e de transparencia. Comezamos por ignorar a representación do persoal, aplicando parches sen consultarnos e rematamos con convocar ás organizacións sindicais nun “tótum revolútum” no que non se ten en conta a representación de cada unha das forzas sindicais.
Escola infantil Galiña Azul
 
30/11/2016 A isto súmase a lectura restritiva que fai dos permisos e licenzas para recortar dous días de asuntos propios ao persoal das Escolas Infantís. Contra a restrición deste dereito temos presentado Conflito Colectivo
Desde a CIG Ensino esiximos a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas e o cese das chamadas indiscriminadas ao Servizo Galego de Colocación; así como a concesión dos 8 días de asuntos propios a todo o persoal das citadas escolas.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
26/9/2016 Acordo entre a Xunta e as organizacións sindicais para a adhesión e integración do Consorcio no V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia
Acordo entre a Xunta e as organizacións sindicais para a adhesión e integración do Consorcio no V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20151119 Concentracións Sinaturas Consorcio
26/9/2016 información do acordo entre a Xunta e as organizacións sindicais para a adhesión e integración do Consorcio
Na Comisión de Persoal Extraordinaria acadouse por unanimidade a aprobación do Acordo presentado pola Administración ás Organizacións Sindicais sobre a adhesión e integración ao V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia e os procesos de integración de dito persoal na Xunta de Galicia. No interior da nova tedes a descarga co acordo.
consorcio
 
17/9/2016 Alegacións conxuntas da CIG e outras organizacións sindicais
Tal e como nos comprometemos na asemblea de traballadoras, fixemos todo o posíbel por presentar unha proposta conxunta, non foi posíbel que fora de todas as organizacións, desmarcouse unha delas. Unha vez sexa aceptada pola administración levaremos a proposta definitiva a unha Asemblea de traballadoras e traballadores do Consorcio a celebrar en Compostela na semana entrante.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160609 Consorcio. Convenio XA
 
29/7/2016 O traballo dos últimos anos comeza a dar resultados
A firmeza da CIG na defensa dos dereitos e intereses do persoal do Consorcio, o traballo diario dos/as nosos/as delegados/as, a determinación en seguir adiante coa nosa folla de ruta de mobilizacións incluso anunciando a convocatoria de folga de ser preciso, foi o que propiciou que se iniciara a Mesa de Negociación para a aplicación do V Convenio. As conquistas non se conseguen con paripés de negociacións nin fotos de última hora, conséguense con traballo. Desde a CIG cumprimos o compromiso de loita polos nosos dereitos laborais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160705 Aperura listaxes agarda
 
5/7/2016 En setembro, a CIG convocará en asemblea a todo o persoal do Consorcio para decidir que medidas tomar: V Convenio XA!!
Neste CIG Informa tes toda a información sobre a reunión mantida co Xerente do Consorcio, onde nos anuncia a apertura de listas de agarda. Pola nosa parte, en canto ao Convenio, deixamos clara a postura da CIG que non pasa por nada que non sexa a adhesión ao V Convenio e XA!!. Como o Xerente segue a dar largas convocamos a todo o persoal do Consorcio a unha asemblea nacional a celebrar en setembro en Compostela para tomar medidas.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160617 Chamamento ao SPEG Consorcio
 
20/6/2016 É inadmisíbel que se faga un chamamento ao SPEG e posterior baremación sen negociación coa representación sindical
Esiximos a apertura de novas listas de agarda para dar así a adecuada cobertura as necesidades dos servizos, o que evitaría recorrer constantemente ao SPEG. E, por suposto, aplicar canto antes un sistema que permita dar publicidade as listas coa finalidade de asegurar a súa transparencia.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20160609 Consorcio. Convenio XA
9/6/2016 Exixe a apertura inmediata de novas listas de agarda para o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Persoal do Consorcio e representantes da CIG concentraronse esta mañá diante do Consorcio galego de Igualdade e Benestar e centros de traballo de toda Galiza en demanda da aplicación do V Convenio do Persoal laboral da Xunta de Galiza para todas as traballadoras/es do organismo. Xunto isto exixiron a apertura inmediata de novas listas de agarda. *** GALERÍA DE FOTOS NO INTERIOR DA NOVA ***
20151119 Concentracións Sinaturas Consorcio
2/6/2016 Para o próximo curso, son necesarias máis de 100 novas prazas
A CIG Ensino é coñecedora, a través das listas de admitidos e admitidas das distintas escolas infantís da rede do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Galiñas Azuis, da necesidade de contratar máis de 100 persoas entre mestras e mestres, educadoras e educadores e persoal de servizos xerais (PSX).
CIG Informa V Convenio XA!
 
1/6/2016 Concentracións todos os xoves nos centros de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
As traballadoras e traballadores do Consorcio concentrarémonos nos nosos centros de traballo para esixir a Aplicación do V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza e o resto de propostas da táboa reivindicativa entregada ao Xerente do Consorcio avaladas con máis de mil sinaturas, nomeadamente todo o relacionado coa listas de agarda.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20111123 Peche Consorcio
 
9/5/2016 A nosa resposta, defensa do persoal: convenio, trienios, igualación salarial, concurso de traslados…
Solicitaremos ao Xerente do Consorcio e ao Conselleiro de Política Social entrevistas urxentes para que definan dunha vez a situación real da Axencia e/ou Consorcio e comezar de inmediato coas negociacións cara a aplicación do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza. De non ter resposta a CIG tomará as medidas de presión que considere oportunas de cara a conseguir os dereitos que nos son negados, o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Portada CIG Informa Permisos e licenzas Consorcio
 
19/4/2016 Xa están en vigor no Consorcio os permisos e licenzas da lei do emprego
Desde a CIG seguiremos a esixir a constitución dunha mesa de negociación de cara a solucionar os problemas que aínda teñen todas as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego, entre eles destacamos o mal funcionamento das listas de agarda e co obxectivo de que definitivamente se aplique o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
205 euros
1/4/2016 Desde a CIG esiximos o pago inmediato desta paga
Esta demanda gañouse, pero a administración recorreu até o Tribunal Supremo, que en sentenza de marzo confirma que unha parte da paga ten que ser aboada ás traballadoras e traballadores. Concretamente a parte devindicada, 44 días.
Entrega sinaturas consorcio 19-11-2015
 
11/2/2016 Desde a CIG seguiremos a esixir a constitución dunha mesa de negociación de cara a aplicación da táboa reivindicativa da nosa recollida de sinaturas
Unha vez máis o paso do tempo volve dar a razón á CIG, e grazas á implicación das traballadoras e traballadores mediante a recollida das sinaturas, e a labor da nosa asesoría xurídica conseguimos un gran avance para todo o persoal do Consorcio, que van dicir agora esas organizacións que non fan nada para conseguir melloras como a conseguida e dedican o seu tempo a atacar con mentiras á organización que si traballa, a CIG
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
8/1/2016 Esiximos a aplicación da Lei de Emprego Público de Galiza ao persoal traballador do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Resúltanos sorprendente como todas aquelas normas e disposicións que restrinxen ou recortan dereitos son aplicadas inmediatamente ao persoal do Consorcio, case sen norma de transposición, en tanto aquelas normas que amplían ou restitúen dereitos ao persoal das Administracións Públicas teñen que ser reclamadas unha e outra vez polo noso sindicato para que os e as traballadores/as do Consorcio poidan gozar en igualdade de condicións que o resto do persoal (tal e como aconteceu cá xornada de verán).
consorcio
11/12/2015 Situación que se pode dar en moitas outras escolas, tal e como xa denunciou a CIG Ensino en numerosas ocasións
Desde a CIG Ensino levamos tempo esixindo a apertura das listaxes de agarda do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar debido á falta de persoal nas citadas listaxes para cubrir as enfermidades, vacacións, visitas médicas… do persoal das escolas, a última vez hai escasamente unha semana, momento no que xa anunciabamos que acabaría pasando o que está a suceder dado o abandono que sofre o Consorcio por parte do Goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza.
galescolas
2/12/2015 O bo funcionamento do servizo non pode recaer na perda de dereitos por parte das traballadoras e traballadores do Consorcio
Desde a CIG Ensino esiximos a cobertura de todas as baixas, días de asuntos propios, vacacións non gozadas… en todas as Galescolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Concentracion consorcio 2  15-11-2015
19/11/2015 Delegados e delegadas da CIG concentráronse este xoves 19 de novembro diante do organismo para denunciar a precariedade e discriminación que padecen
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coincidindo coa entrega de 1.066 sinaturas do persoal en demanda de melloras nas súas condicións laborais e en denuncia da precariedade e discriminación que padecen respecto dos traballadores e traballadoras da mesma categoría que traballan na Xunta de Galiza.
consorcio
11/11/2015 Levan desde o 30 de outubro sen sen cobertura de baixas por fata de xerencia
A actuación do goberno da Xunta de Galiza no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar acada niveles de incompetencia absoluta, o último é que levan desde o 30 de outubro sen xerencia, xa que o anterior Xerente, Roberto Rodríguez Martínez, foi nomeado como Director de Augas de Galicia.
consorcio
 
20/9/2015 Mellora de condicións laborais das traballadoras e traballadores do Consorcio
Táboa reivindicativa da recollida de sinaturas realizada pola CIG entre as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
23/7/2015 Reunións dos Comités do Consorcio
A CIG Ensino comezou as reunións deixando claro que se vai negar ao peche de calquera escola ou á supresión de calquera posto de traballo salvo en casos excepcionais debidos á non existencia dunha matrícula mínima. A situación que vivimos ano tras ano fai máis clara aínda a necesidade dun concurso de traslados entre o persoal do consorcio, cuestión que, como sabedes, a CIG ven esixindo, ou ao menos que se estabeleza un sistema de permutas ao que poda optar todo o persoal e moi especialmente aqueles casos motivados por causas médicas. A CIG Ensino acepta ningún traslado forzoso de ningunha traballadora ou traballador do Consorcio. Volvemos aclarar que de non aceptar o movemento a persoa será cesada, e polo tanto volve ás listas e cobra o paro.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
4/7/2015 A CIG velará polo cumprimento do acordo e pola transparencia en todo este proceso
Información do proceso de amortizacións e traslados no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Inclúe novos datos.