Logo Concurso Traslados
18/5/2017 A resolución definitiva do corpo de mestres xa no DOG
 
23/1/2017 A CIG-Ensino exixe que se xestione ante o MEC unha resolución do Concurso Xeral de Traslados que non resulte lesiva para o profesorado
É preocupante que a estas alturas do proceso do Concurso Xeral de Traslados (CXT), cando está a piques de saír a resolución provisional, non se coñeza como se vai resolver o conflito xerado como consecuencia de que o Ministerio de Educación aplique un baremo diferente ao aplicado pola Consellaría de Educación en Galiza, de acordo cos criterios firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, atendendo á doutrina da Unión Europea.
Logo Concurso Traslados
4/5/2016 Publicada a resolución definitiva de primaria, provisional de secundaria e corpo de inspección
No interior da nova podes consultar a Resolución Definitiva do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais do corpo de mestres e as resolucións provisionais dos Concursos de Adxudicación de Destinos Provisionais de Secundaria e outros.
recorte ensino. sinal tráfico
21/4/2016 Desde o último concurso xeral de traslados, producíronse en Galiza, segundo datos da propia Consellaría, 1948 xubilacións, mais só se ofertaron 1372 vacantes para cubrir mediante o concurso convocado este curso, no cal participaron preto de 9000 docentes
Unha vez publicada a adxudicación provisional do dito concurso, observamos que a Consellaría aproveita de novo para continuar amortizando prazas, ao deixar sen adxudicación moitas das resultas (vacantes producidas como consecuencia de que ao seu titular se lle adxudique outro destino). Na resolución provisional, entre as resultas non adxudicadas e as amortizacións, as vacantes que desaparecen suman un total de 462, das cales 194 son de primaria, 236 do corpo de secundaria e 33 do profesorado técnico de formación profesional. Ver táboa ao final da nova.
 
3/3/2016 Xa podedes presentar reclamacións ao voso baremo
Postos en contacto coa administración adiántanos que barallan como data tope para a publicación do Concurso o 18 de marzo, desde a CIG Ensino insistímoslle á administración na necesidade de que esta publicación se adiantase o máximo posíbel para que o período de reclamacións e renuncias (10 días naturais contados desde o día seguinte da súa publicación na páxina web) non coincidise coas vacacións de semana santa.
 
27/1/2016 Proporcionada pola Consellaría de Educación
Aquí podedes consultar as xubilacións de profesorado de 2014, 2015 e 2016. Así como o cadro resumo DEFINITIVO coa totalidade das xubilacións por provincias e especialidade e os listados dos centros onde se produciron. Tamén podes consultar a proposta de vacantes da provincia de Pontevedra e Lugo que se nos facilitou a Consellaría. O resto de propostas por provincias irémolas publicando nesta mesma ligazón en canto as teñamos.
 
20/1/2016 CURSO 2015-2016

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
20/1/2016 XANEIRO 2016

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
24/7/2015 E a definitiva do corpo de mestres
O prazo para as reclamacións e renuncias en secundaria será dende o día 31 de xullo ao 3 de setembro de 2015, ambos inclusive.
 
17/2/2015 Desde a CIG-Ensino lamentamos que sobre un mesmo asunto, un mesmo tribunal, dite sentenzas diferentes. Podedes ler a última no interior desta nova
A CIG-Ensino urxe a Consellaría de Educación a que, unha vez solicitado aclaración ao propio tribunal -xa que o fundamento sétimo da sentenza correspondese co epígrafe 1.1.2 do baremo do CXT e non co 1.2 como recolle o fallo da sentenza- actúe coa máxima dilixencia e celeridade posíbel para resolver definitivamente este conflito que tantos prexuízos causou e está causando ao profesorado.
Entrega escrito CXT Xullo
22/1/2015 A Consellaría non atendeu a demanda da CIG-Ensino de convocar concurso xeral de traslados (CXT) no ámbito galego
A CIG-Ensino, na reunión, trasladoulles a necesidade de convocar Mesa Sectorial para negociar un novo baremo a fin de aplicalo no próximo concurso a nivel galego. A solución á actual conflitividade e problemática xurdida en relación ao CXT, para a CIG-Ensino, pasa por abrir unha negociación na Mesa Sectorial de Galiza e acordar un baremo que considere os servizos prestados, independentemente da situación administrativa na que se prestara, tal e como ditaminou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), mais non outorgándolle a puntuación de provisionalidade aos interinos e interinas.
Entrega escrito CXT Xullo
19/12/2014 Podes ler unha das sentenzas no interior da nova
As sentenzas en todo caso o que confirman e que a Consellaría non tiña motivos para non convocar concurso de traslados este ano (2014). A CIG-Ensino solicita a Consellaría que retome a posibilidade de convocar concurso de traslados porque do contrario estáselle impedindo ao profesorado a súa mobilidade.
Logo Concurso Traslados
5/11/2014 A Consellaría limitarase a convocar o concurso para que o profesorado con destino en Galiza poida optar a prazas de fóra
A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG a orde que regula o Concurso Xeral de Traslados. Segundo recolle esta orde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non convoca concurso de traslados no ámbito autonómico galego e limítase a convocar o concurso de traslados aos únicos efectos de garantir a concorrencia do profesorado con destino definitivo en Galiza a prazas ou postos doutras Administracións educativas.
Entrega escrito CXT Xullo
23/10/2014 Nova data: mércores 29 de outubro
Recibida a convocatoria da Mesa Sectorial Docente para o 31 de outubro, para tratar a convocatoria de concurso de traslados. Como é sabido ese día é o que se fixou no calendario escolar como día do docente, por tanto festivo no ensino. Para a CIG-Ensino é totalmente inaceptábel esta convocatoria nun tema que de antemán se coñecen as datas estabelecidas.
 
23/10/2014 Borrador CXT 2014-2015

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Entrega escrito CXT Xullo
13/8/2014 Ao incrementarse as prazas itinerantes e con afíns na adxudicación de destinos provisionai
A CIG-Ensino denuncia que nas adxudicacións de destinos provisionais de profesorado de Primaria e Secundaria, para as que este luns remataba o prazo de reclamacións e en que se lle asignou destino para o curso que comeza en setembro a 5464 profesores e profesoras, pon en evidencia o empeoramento das condicións de traballo do profesorado.
Logo Concurso Traslados
31/7/2014 A Consellaría vai aplicar a resolución definitiva do mes de abril
A Consellería de Educación ven de informarnos que, a falta dunha resolución do xulgado número 2 para aplicación provisional da sentenza ditada por este xulgado, e unha vez que esta recorrida, van aplicar a resolución definitiva publicada no mes de abril.
Entrega escrito CXT Xullo
29/7/2014 Demandan a dimisión do conselleiro pola súa irresponsabilidade e o despropósito da situación xerada
Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse esta mañá diante da consellaría de Educación para exixir unha solución inmediata polo Concurso Xeral de traslados e a adxudicación de destinos e demandar a dimisión do conselleiro pola súa actuación “irresponsábel”. No decurso da concentración a CIG-Ensino fixo entrega dun escrito (tes acceso a el no interior da nova) dirixido ao conselleiro no que se denuncia a “desconsideración absoluta” de Educación cos preto de 8.000 profesores/as que, a data de hoxe, non coñecen o centro no que van impartir aulas o vindeiro curso, nin a data da adxudicación dos seus destinos.
Manifestación 28 de xuño contra incremento de horario 4
28/7/2014 Concentración diante da Consellaría de Educación ás 11:00 horas de mañá martes 29 de xullo
Ante a inaptitude e irresponsabilidade da Consellaría de Educación e Ordenación Universitara para resolver a situación derivada da súa errática actuación con respecto ao Concurso Xeral de Traslados do profesorado e as consecuenicas no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais, a CIG Ensino convoca unha concentración de delegadas e delegados diante da Consellaría de Educación, esixindo unha solución inmediata ao conflito, mañá martes 29 de xullo ás 11:00 horas.
Logo Concurso Traslados
24/7/2014 Continúa a incerteza e a falta de información definitiva sobre a resolución definitiva do Conxurso Xeral de Traslados
A actuación da Consellaría en todo este proceso é o paradiga do funcionamento errático e de total desconsideración co profesorado que está producindo graves prexuízos a un importante número de docentes. A CIG Ensino ven esixindo a dimisión do Conselleiro como máximo responsábel deste desatino que nen sequera se dignou a convocar a Mesa Sectorial Docente para tratar este asunto de máxima importancia.
 
13/6/2014 A resolución provisional en Secundaria adiántase ao 24 de xullo e a definitiva ao 31 de xullo
Publicadas no DOG as ordes que regulan a adxudicación de destinos provisionais. No caso do profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, .... a data para resolución provisional adiántase para o 24 de xullo e a definitiva para o 31 de xullo.
Logo Concurso Traslados
27/2/2014 Tanto de primaria como de secundaria
Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.
CIG Informa CXT 2013
30/10/2013 Ligazóns á toda información de cada un dos concursos
Nesta nova atoparás as ligazóns aos distintos concursos así como informacións xerais a todos os concursos.
10 de marzo 2013 pancarta da CIG-Ensino
11/9/2013 A CIG-Ensino denuncia tamén que segue sen se lle adxudicar destino á totalidade dos funcionarios de carreira en expectativa de destino
A CIG-Ensino denuncia que na Adxudicación definitiva de Secundaria publicada hoxe na web da Consellaría se incrementan nun 30% respecto de 2012 as prazas en que hai que impartir materias afíns. Concretamente 178 prazas máis ca en 2012, sendo en total 873 as prazas en que hai que impartir materias afíns. Destas prazas, no 14% impártese dúas afíns a maiores da especialidade da que se é titular. En un 6% dos casos son máis de dúas as afíns, habendo casos de prazas en que o profesor ou profesora terá que impartir ademais da materia da que é titula 6 ou 8 materias máis, nalgúns casos combinacións tan “estrañas” como lingua galega e tecnoloxía.
Log destinos provisionais secundaria
11/9/2013 Educación publicouna na súa páxina este mércores 11 de setembro
A Consellaría de Educación vén de publicar este mércores 11 de setembro a resolución definitiva do CADP do corpo de Secundaria. No interior da nova podes acceder á ligazón.
Logo Concurso Traslados
19/7/2013 Estas vacantes deberían estar publicadas antes do 14 de xullo
A Consellaría de Educación non publicou, a data de hoxe, as vacantes provisionais para adxudicar destino provisional, para o curso 2013-2014, ao profesorado do corpo de mestres. Na propia convocatoria, na que se ditan normas para a adxudicación de destinos, na base vixésima, di que “antes do 14 de xullo de 2013, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a publicar as vacantes provisionais que se ofertan neste concurso, reflectindo o seu perfil”.
 
8/4/2013 Consulta no interior da nova as datas e lugares de celebración
A CIG-Ensino fará nos próximos días asembleas informativas da convocatoria de oposicións 2013. Podes consultar no interior da nova as datas e lugares.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Logo Concurso Traslados
14/3/2013 A resolución provisional do corpo de Primaria publicouse o 12 de marzo
A Consellaría de Educación vén de publicar hoxe, xoves 14 de marzo, a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados do corpo de Secundaria. O 12 de marzo publicouse a resolución provisonal do corpo de Primaria. Podes consultar o listado de vacantes provisionais e toda a información do CXT no interior desta nova.
Logo Concurso Traslados
12/3/2013 A publicación da resolución do corpo de Secundaria está prevista para o 14 de marzo
A Consellaría de Educación vén de publicar hoxe, martes 12 de marzo, a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados do corpo de mestres. O 14 de marzo é a última data prevista para a publicación da resolución provisional do corpo de Secundaria. Podes consultar o listado de vacantes provisionais e toda a información do CXT no interior desta nova.
Logo Concurso Traslados
4/3/2013 No interior da nova podes consultar as vacantes provisionais
A Consellaría de Educación ten previsto publicar o 14 de marzo a través da súa web a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados. No interior desta nova podes consultar o listado de vacantes provisionais e toda a información relacionada co Concurso Xeral de Traslados.