Portada CIG Informa Permisos e licenzas Consorcio
 
18/4/2020 Aprobadas no Comité Directivo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Desde a CIG seguiremos a esixir a constitución dunha mesa de negociación de cara a solucionar os problemas que aínda teñen todas as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego, entre elas destacamos a solución do problema das substitucións e das listas de agarda e co obxectivo de que definitivamente se aplique o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Mesa Xeral Administracións Públicas
21/9/2017 O Goberno español adiou a Mesa de Negociación das Administracións Públicas até a próxima semana
A Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, convocada este xoves para aprobar as cuestións relativas a condicións laborais e salariais dos empregados/as públicos/as -para a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018-, quedou adiada para a semana que vén malia o Goberno do PP ter avanzados acordos con CCOO, UGT e CSIF á marxe do organismo. Dende a CIG xa adiantaron que non asinarán ningunha proposta que non contemple a recuperación dos dereitos que lle foron arrebatados ao funcionariado dende 2010.
permiso paternidade
21/9/2017 O sindicato docente constatou que desde a Inspección Educativa se están a trasladar informacións contraditorias e mesmo incorrectas no caso de funcionarias embarazadas que van realizar a fase de prácticas
A Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso a diferentes corpos docentes regula a fase de prácticas para as funcionarias e funcionarios que aproben o concurso-oposición. A base vixésimo primeira establece que a duración desta fase será de catro meses e que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.
 
21/9/2017 Non cubre dúas vacantes por xubilación nin unha terceira praza dun docente en comisión de servizos
Desde a CIG-Ensino denunciamos "o desprezo absoluto co que a Consellería actúa cos seus traballadores e traballadoras, coas equipas directivas dos centros, e incluso cos seus propios órganos de inspección, ademais de desentenderse por completo do dereito do alumnado a recibir un ensino de calidade nas condicións previstas na lexislación. Non podemos consentir esta situación, docentes e alumnado de Betanzos merecen un trato digno por parte da administración educativa".
Fonendo
20/9/2017 A Consellería de Educación dá de prazo 20 días naturais para adherirse á campaña de vixilancia da saúde mediante inscrición telemática
A Consellería de Educación vén de publicar na páxina web a información para que o profesorado se inscriba na Campaña de Vixilancia da Saúde programada para o actual curso 2017/2018, unha vella reivindicación da CIG-Ensino que se acadou despois de varios anos de loita. Neste intres séguese reivindicando que os recoñecementos médicos se realicen na sanidade pública na liña da defensa do sector público que mantén este sindicato fronte ás intencións privatizadoras da administración galega.
unitaria Rois
19/9/2017 A CIG Ensino insta a actualizar a listaxe de arredor de 200 centros que cumpren este requisito en Galiza para que o persoal docente vexa recoñecida a súa puntuación a efectos de Concurso Xeral de Traslados
A CIG Ensino vén de remitirlle á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación un escrito no que a insta a modificar a Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se dispoñen os centros e postos de especial dificultade de Galiza para que o profesorado que traballa neles poida ver recoñecida a súa puntuación a efectos de Concurso Xeral de Traslados.
 
15/9/2017 O sindicato detecta carencias na promoción destas ensinanzas e falta de coordinación nas probas de acceso
As Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galiza carecen, a día de hoxe, dunha auténtica política de promoción por parte da Consellaría de Educación.
Area publica xuño 2017
15/9/2017 Dende a CIG denunciamos que CCOO, UGT e CSIF están a negociar á marxe da Mesa Xeral de Administracións Públicas
A CIG-Área Pública (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) denuncia as negociacións que están desenvolvendo os sindicatos estatais CCOO, UGT e CSIF -a marxe da Mesa Xeral de Administracións Públicas- co Ministerio de Facenda e rexeita a proposta que se vén de facer pública de vincular os incrementos salariais ao PIB.
20170913 Concentración Comezo de Curso
13/9/2017 Delegados/as da CIG-Ensino concentráronse diante da consellaría de Educación para denunciar os recortes no ensino público
Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse esta mañá diante da consellaría de Educación para denunciar que o curso escolar comezou cun aumento da provisionalidade, con máis profesorado interino e con menos profesorado funcionario de carreira. Así o afirmou o secretario nacional, Suso Bermello, quen denunciou tamén o incremento do profesorado que ten que impartir materias que non son da súa especialidade.
 
11/9/2017 Reclamación da CIG-Ensino ao CADP de secundaria

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
2017-09-13 Concentración comezo de curso
11/9/2017 Concentración da CIG-Ensino contra os efectos dos recortes e as adxudicacións de destino neste comezo de curso
Este mércores 13 ás 11 horas o sindicato maioritario no ensino público galego convoca unha concentración diante da Consellaría de Educación para amosar o rexeitamento dos recortes no profesorado galego e o aumento da inestabilidade laboral así como o empeoramento das condicións de traballo do profesorado galego.
Log destinos provisionais secundaria
7/9/2017 CADP. Publicación na web da Consellaría
Accede a toda a información da adxudicación definitiva dos destinos provisionais dos corpos de secundaria, FP, EOI e ensinanzas de réxime especial.
 
7/9/2017 Prazas que desaparecen das listaxes sen ser adxudicadas publicamente
Desde a CIG-Ensino denunciamos que durante esta semana na aplicación do profesorado interino e substituto do Corpo de Mestres da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) aparecen prazas de substitucións que pouco despois desaparecen sen ser adxudicadas publicamente.
rolda de prensa 2
6/9/2017 A CIG-Ensino asegura que continuará combatendo a LOMCE até conseguir a súa derrogación
O curso escolar 2017-2018, que dará comezo a vindeira semana, iníciase coa supresión de 100 postos de traballo no corpo de mestres e co peche de 69 aulas; cun aumento do número de aulas concertadas; co mantemento das subvencións aos centros segregadores e con recortes que continúan e que teñen graves consecuencias para profesorado e alumnado. Así o denunciou o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, esta mañá nunha rolda de prensa na que augurou novas protestas contra a LOMCE e as políticas en materia educativa da Xunta de Galiza.
mondoñedo 1
4/9/2017 A Delegación do Goberno en Galiza aplica unha sanción á CIG-Ensino por se manifestar na inauguración do curso escolar 2016/17 diante do IES San Rosendo de Mondoñedo
Nin nos calaron antes nin nos van calar agora. Nin con provocacións nin con sancións. Seguiremos loitando coa mesma firmeza e coa mesma contundencia. Mais esiximos que algo desa contundencia a apliquen aquelas persoas que se sentan no Congreso dos Deputados e que se comprometeron a derrogar tanto a LOMCE como a Lei Mordaza. Transcorrido máis dun ano após as eleccións xerais de xuño de 2016, e cun PP en minoría no Congreso dos Deputados, ambas leis seguen en pé. No comezo dun novo curso escolar, a LOMCE seguirá o seu camiño privatizador, antigalego e confesional e a Lei Mordaza estará aínda aí para protexela fronte a quen non nos dobregamos. Que saiban que non nos imos render.
Alumnado concertada
21/8/2017 A Consellaría de Educación segue a aplicar a LOMCE en toda a súa crueza contra o Ensino Público Galego
Hoxe 21 de agosto, como en anos anteriores en pleno período vacacional coa intención de que pase desapercibida para a sociedade galega, o DOG publica a ORDE do 10 de agosto de 2017 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, e de formación profesional.
Peche xaneiro 2017 SXPL
9/8/2017 Publica en período vacacional do profesorado as instrucións para o desenvolvemento do curso académico 2017/18
A Consellaría volve deixar clara a nula defensa que fai da nosa lingua, pois nin sequera aproveita estas instrucións para dar solución a situación de “exclusión” e “eliminación” que o galego sofre no ensino dadas as modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO. O alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.
Log destinos provisionais secundaria
3/8/2017 Máis dun 28% do profesorado provisional de secundaria impartirá materias das que non é especialista
Un curso máis a Consellaría de Educación ven de dar novas mostras da precarización do traballo do profesorado con destino provisional dos corpos docentes de secundaria. No estudo realizado pola CIG-Ensino da adxudicación de destinos provisionais poden observarse claros indicios do que vai ser un novo curso con peores condicións de traballo para aquel profesorado que non ten destino definitivo, ben porque o perdeu recentemente polo peche de centros e a supresión de docentes ou ben porque levan anos en expectativa de destino ou como persoal interino.
recorte ensino. sinal tráfico
3/8/2017 A adxudicación de destinos provisionais no corpo de mestres destaca polas itinerancias e pola non cobertura dalgunhas prazas do catálogo de postos
Todo o profesorado do corpo de mestres que non ten destino definitivo incorporarase ao seu destino provisional para o curso 2017/18 o 1 de setembro. Neste novo curso escolar as cifras que salientamos desde a CIG-Ensino, logo dun estudo completo da adxudicación, son as dun elevado número de vacantes con itinerancias. Dun total de 2.458 mestras e mestres que obtiveron destino, un 18% terán que impartir docencia en máis dun centro, sendo nalgúns casos as itinerancias de 4 centros. Especial importancia dentro das itinerancias teñen as persoas que serán orientadoras, xa que sen variar o total de prazas adxudicadas, 166, as que teñen que atender máis dun centro increméntanse un 9% ao respecto do curso pasado.
ESAD de Galiza (Vigo)
2/8/2017 A Dirección Xeral de Persoal confirmou que a redución de 6 docentes no único centro de estudos superiores de Arte Dramática no país será finalmente de 2.
O pasado 24 de xullo notificóuselle oficialmente á dirección da ESAD de Vigo a redución de 6 profesores no “cupo" do centro; esta redución implica a destrución do modelo de ensino dun centro exemplar a nivel estatal. Finalmente na adxudicación de destinos provisionais do 31 de xullo esa redución quedou en 5. Agora a Consellaría comunicoulle á CIG-Ensino que a redución quedará en 2 docentes.
diñeiro
29/7/2017 Aclaracións sobre a nómina na que se aplican os atrasos do 1%
Todo o profesorado acaba de recibir a nómina do mes de xullo e quen reparara no PDF recibido, ademais de na contía, puido pensar que farían falta unhas instrucións de uso para non ser perder na súa interpretación.
recorte ensino. sinal tráfico
28/7/2017 Transcorridas case dúas semanas desde a Mesa Sectorial, a orde aínda non se publicou no DOG.
Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO, e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, atopámonos agora, vencido practicamente o mes de xullo, con que o profesorado afectado polo peche de centros nas Pontes, Outes, Ribadavia e O Porriño aínda non sabe se vai ter que adscribirse aos centros receptores ou se terá que elixir destino provisional para o curso 2017/18.
colexio pechado
26/7/2017 A Consellaría pecha 6 unitarias e suprime 100 postos de traballo que se engaden aos 31 provocados polos recentes peches e traslados de ensinanzas
A Consellaría segue adiante coa política de desmantelamento do ensino público, antepoñendo os criterios economicistas á calidade da educación. Un desmantelamento que incide especialmente na atención ás necesidade educativas específicas e que vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das rateos e a imposibilidade de realizar desdobres, así como á redución de oferta de aulas e de profesorado no medio rural, provocando que se agrupe a un maior número de alumnado de diferentes niveis e mesmo etapas educativas.
colexio pechado
18/7/2017 A cifra podería aumentar xa que varias das prazas se poderían suprimir no próximo curso
A Consellaría de Educación, nun novo xesto de falta de negociación, non proporcionou ningún dato concreto sobre a cifra total do profesorado que perde o seu posto de traballo nin das futuras supresións que xa avanzou o conselleiro no Parlamento.
Mesa sectorial 1
13/7/2017 Condicións para a recolocación do profesorado.
A Mesa Sectorial terá lugar o martes 18 de xullo.
 
6/7/2017 Segundo nos comunican de diversos centros educativos fano por instrucións da propia Consellaría para atender a outras necesidades
A Unidade de atención a centros (UAC) da Consellaría non atendeu durante os últimos días de xuño as chamadas que se realizaban desde as direccións dos centros, e segundo nos comunican desde diversos centros, pasados estes días e unha vez establecida comunicación co persoal da UAC, comentaron que tiñan orde de non atender as chamadas dos centros por estar en mínimos de persoal e estar a realizar outras funcións.
relixion
5/7/2017 Pola vulneración dos principios de igualdade, mérito e capacidade e de liberdade ideolóxica no sistema de acceso
É inconcibíbel que no século XXI o Ministerio de Defensa continuara da man da igrexa católica pretendendo saltar as normas que rexen para toda a cidadanía, e esixindo requisitos de idoneidade da igrexa católica para impartir aulas nun centro pagado con diñeiro público
colexio pechado
4/7/2017 Publica o Decreto que impón o peche do CEIP Emilio Navasqüés e o traslado de ensinanzas de varios CPI sen atender as demandas de familias, profesorado e concellos.
O Decreto publicado hoxe martes 4 de xullo no DOG, implica o peche do CEIP Emilio Navasqüés de Cruceiro de Roo en Outes, obrigando ao alumnado deste centro a desprazarse ao outro colexio do concello de Outes. Supón tamén a desaparición do CPI Monte Caxado como tal, coa integración do alumnado da ESO no IES Moncho Valcarcel e do de infantil e primaria no CEIP A Magdalena. E finalmente leva a supresión da oferta educativa da ESO en dous centros, no CPI de Ribadavia e no CPI da Ribeira no Porriño.
diñeiro
 
3/7/2017 Co incremento do 1% aprobado nos orzamentos xerais do Estado
Retribucións do ano 2017 co incremento do 1% aprobado nos orzamentos xerais do Estado e actualizado segundo a orde de confección de nóminas de 3 de xullo de 2017.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
opositores oposicions
3/7/2017 A Secretaría das Mulleres da CIG e a CIG-Ensino denuncian o seu uso descontextualizado
O pasado sábado día 24 de xuño, no transcurso das oposicións ao corpo do profesorado de secundaria, nunha das probas prácticas de inglés, achegouse un extracto da obra Santuario, de William Faulkner. En concreto, un texto que describe unha violación para facer unha proba, que constaba de oito exercicios e que consistía en realizar un resumo do texto, unha análise sociolingüística, respostar a preguntas sobre vocabulario, fonética, e logo facer unha escolla dun apartado e explotar ese texto con xogos dirixidos ao alumnado.