16/6/2017 O día 12 de xuño

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Lugo 10 5 2017
11/5/2017 A CIG-Ensino denuncia a represión exercida pola dirección, que tamén afecta a dúas enfermeiras
A CIG-Ensino desenvolveu unha concentración este mércores diante do Centro Residencial San Vicente de Paúl (Lugo) para denunciar o despedimento de tres traballadoras (unha coidadora e dúas enfermeiras) e demandar o cese da dinámica de presións. Aínda que a dirección alega causas disciplinarias para xustificar a medida, para a CIG-Ensino estamos ante un clarísimo caso de represión sindical, xa que a coidadora despedida é a persoa que encabeza a candidatura da central para as eleccións sindicais que se van celebrar o 29 de maio.
 
9/5/2017 Este mércores, 10 de maio, ás 11:30, concentración diante do Centro en solidariedade coas traballadoras despedidas
A  Dirección do centro alega causas disciplinarias, mais a realidade é que  se trata dun caso  de represión sindical pura e dura.  Para a CIG-ENSINO o que hai é  un caso  claro  e contundente de represión sindical xa que a coidadora despedida é a persoa que encabeza a candidatura da CIG  para as eleccións sindicais  que se van celebrar por  primeira vez  no centro  o día 29 de maio para  elexir o comité de empresa xa que se trata  dunha empresa de máis de 50 traballadores/as.
A Guarda 26-4-2017
26/4/2017 A CIG-Ensino convocou a marcha para rexeitar a represión laboral e esixir a dimisión do xerente
Máis de 150 persoas percorreron hoxe as principais rúas da Guarda convocadas pola CIG-Ensino para rexeitar os dous últimos despedimentos no San Xerome Emiliani e denunciar a represión laboral que se vive no centro de atención a persoas con dicapacidade. A marcha, que arrincou da Alameda ás 12.00 horas, rematou diante do Concello para reclamar a implicación do Goberno local no conflito.
 
24/4/2017 Os delegados/as sindicais da CIG e da CUT apoian a mobilización que sairá da Alameda ás 12.00 horas
O comité de empresa do San Xerome Emiliani da Guarda, integrado por delegados/as da CIG e da CUT, vén de facer un chamamento público á veciñanza para que participe na manifestación convocada pola CIG-Enisno para este mércores 26 dende a Alameda ás 12.00 horas en rexeitamento dos últimos despidos no centro de educación especial. As persoas interesadas en acudir terán á súa disposición autobuses dende o local da central nacionalista en Vigo.
Concentración San Xerome
4/4/2017 A Xerencia do Centro segue a pór en risco a continuidade do Centro Especial de Emprego
A CIG-ENSINO levará adiante as accións oportunas e loitará para que os traballadores despedidos sigan sendo xardiñeiros do Concello e agardamos que o Goberno Municipal da Guarda se implique na defensa destes traballadores que sempre cumpriron co seu cometido, empresa tras empresa.
 
31/3/2017 Entre os centros favorecidos por esta blindaxe están os centros do Opus Dei que segregan o alumnado por sexo
A Consellaría de Educación vén de publicar unha orde por medio da cal blinda os concertos cos centros privados durante seis anos, até o curso 2022/23. A orde anterior, que remata a súa vixencia neste curso, tivo unha duración de catro anos. Mais a LOMCE tamén modificou iso, incrementando a vixencia dos concertos a seis anos.
20170323_discapacidade_1
23/3/2017 As traballadoras/es realizaron hoxe unha xornada de mobilizacións promovidas pola CIG-Ensino
As traballadoras e os traballadores dos centros de atención a persoas con discapacidade desenvolveron este xoves unha xornada de mobilizacións para reivindicar melloras salariais e laborais e a negociación dun convenio galego de sector que poña fin á precariedade que padece este colectivo. As concentracións realizáronse diante de todos os centros de Galiza que non son de xestión directa.
Concentracion 18 xaneiro 2017
18/1/2017 Esta concentración insírese na campaña que se ven desenvolvendo desde hai meses
Delegados e delegadas dos centros de Atención a Persoas con Discapacidade e da CIG-Ensino concentráronse este mércores diante da consellaría de Política Social para demandar un convenio propio galego para o persoal e a mellora das súas condicións laborais. Esta concentración insírese na campaña que se ven desenvolvendo desde hai meses, avalada por 773 traballadores/as que asinaron estas demandas xunto con 66 delegados e delegadas dun total de 95 electos.
CONCENTRACION DESPEDIMENTO FINGOI DECEMBRO 2016
21/12/2016 Denuncia que se trata dunha medida claramente antisindical e represiva
Representantes da CIG-Ensino e da CIG de Lugo concentrábanse este mércores diante do colexio privado Fingoi (Lugo) para reclamar a readmisión dun traballador que foi despedido sendo delegado de persoal. A central nacionalista denuncia que “estamos diante dunha medida claramente antisindical”. Un caso de “represión” polo que demanda a dimisión da dirección do centro.
Concentracion diante de Fingoi
22/9/2016 A central nacionalista entende que estamos ante un caso claro de represión sindical e demanda inmediata readmisión do traballador
A CIG concentrouse este mércores diante do colexio privado Fingoi (Lugo) en rexeitamento ao despedimento dun traballador e único delegado de persoal da CIG. A central nacionalista entende que estamos ante un novo caso de represión e ataque á liberdade sindical, polo que levará adiante todas as accións que sexan precisas para conseguir a súa readmisión.
 
22/6/2016 ENSINO CONCERTADO

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
15/1/2016 O pasado 24 de novembro celebráronse as eleccións no Centro San Xerome. A CIG-Ensino gañou as eleccións obtendo tres dos cinco delegados a elixir
O comité de empresa constituiuse este luns día 11 de xaneiro. Nesta primeira reunión o Comité acordou por unanimidade que a presidencia lle corresponda á CIG-Ensino, central que obtivo máis representación. O resultado das eleccións non foi definitivo na mesma data do 24 de novembro por mor do reclamación presentada pola CUT contra a distribución das traballadoras e traballadores nos colexios electorais que prevé a lexislación: persoal técnico e administrativo por un lado e especialista e non cualificado polo outro. Finalmente, un laudo arbitral estableceu que as actuacións das mesas electorais foran correctas e, por tanto, todo o proceso electoral que rematara o día 24 de novembro co resultado antedito, e por suposto o censo elaborado. Unha vez comunicado o laudo e coa confirmación de que non había ningunha outra reclamación, os delegados acordaron reunirse en xaneiro para constituír o comité de empresa.
Rolda de prensa ensino concertado recuperación de dereitos
26/10/2015 A campaña comeza por unha recollida de sinaturas que se pode asinar por internet
Desde o ano 2010 os traballadores do ensino concertado viu reducido o seu salario en máis dun 12% debido aos recortes efectuados polos gobernos centrais e autonómicos. En 2012 recortóusenos o salario nun 4’5%. Neste momento a Xunta de Galicia implementou dúas leis en virtude das cales se lles vai devolver o 2’26%, manifestando ademais a súa intención de introducir nos orzamentos autonómicos as disposicións necesarias para o aboamento nos primeiros meses de 2016 das cantidades equivalentes ao 2’24% restante. Desta forma a Consellería tería devolto o 4’5% recortado no ano 2012.
 
22/4/2015 Insistimos unha na demanda de que se inicien as negociacións para retomar un Acordo de Mantemento Do Emprego no sector
Concentración San Xerome
7/4/2015 O xulgado aprecia que a acción denunciada carece de relevancia penal, de acordo coas conclusións do fiscal durante a vista
O Xulgado nº 3 de 1º instancia de Tui acaba de ditar sentenza no xuízo de faltas celebrado o pasado 24 de marzo á sindicalista da CIG-Ensino Marta Dacosta, tras a denuncia presentada polo xerente do San Xerome. A sentenza é de libre absolución para a sindicalista. O 23 de abril de 2013 o Xerente do San Xerome presentou denuncia na Garda Civil da Guarda pola colocación de carteis firmados pola CIG esixindo a readmisión de catro traballadoras e traballadores despedidos do centro o día 5 (despedimento que se fixo sen o preceptivo preaviso de quince días e argüíndo causas económicas que non se demostraron durante o xuízo en que estes despedimentos foron declarados improcedentes).
 
22/1/2015 En ano de eleccións, unha esmola duns 100 euros

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
San Xerome febreiro 2014
8/12/2014 Solicitarán unha asemblea de socias e socios en que se trate o tema
As Traballadoras e traballadores do Centro Especial de Emprego (CEE) do San Xerome Emiliani rexeitan o ERE proposto pola Dirección do Centro. Consideran que a Xerencia debe buscar vías de financiamento para manter as 20 traballadoras e traballadores do CEE, todos e cada un deles necesarios para realizar os traballos que veñen acometendo a día de hoxe.
 
11/2/2014 BOE do 21 de decembro de 2013
O R.D. ley16/2013 de 20 de decembro publicado no BOE do 21 de decembro amplia o dereito a ter unha redución de xornada por razóns de garda legal a quen teña ao seu coidado algún menor de doce anos. Isto xa era así no caso do ensino público pero na privada era ate os oito anos.
San Xerome febreiro 2014
5/2/2014 Pais e nais estudan solicitar unha auditoría das contas do centro de atención a persoas con discapacidade da Guarda
A dirección do centro de atención a discapacitados/as San Xerome Emiliani da Guarda négase a readmitir catro traballadoras/es despois da sentenza que declara improcedentes os despedimentos. Asume, deste xeito, o dispendio de case 150.000 euros procedentes de axudas públicas e doazóns solidarias para tapar un buraco xerado pola actitude despótica e anti-sindical da actual xerencia, que segundo o xuíz chegou a manipular as contas para xustificar os despedimentos.
Manifestación A Guarda 27 de xuño
30/1/2014 A CIG-Ensino valora a decisión “porque se demostra que a dirección mentiu xa que as causas das rescisións de contrato non foron económicas”
O Xulgado do Social vén de declarar a improcedencia dos despidos no centro San Xerome Emiliani da Guarda e condena a empresa a readmitir as traballadoras e o traballador despedidos, tendo que aboarlles os salarios deixados de percibir desde abril. Do contrario, a compañía tería que indemnizalas/o con contías que van dos 16.500 euros aos 67.357, dependendo da antigüidade, indemnizacións que en conxunto superan os 138.000 euros.
SAN FRANCISCO 21-1-2014
21/1/2014 O comité de empresa rexeitou unha proposta da dirección porque segue a contemplar rescisións de contrato
Un nutrido grupo de traballadores/as, familiares de usuarios/as e delegados/as sindicais protestaron hoxe de novo ás portas dun dos centros da Asociación Galega San Francisco (Agasfra) en Vigo para rexeitar os 16 despedimentos previstos. O cadro de persoal rexeitou onte mesmo unha proposta da dirección porque segue a contemplar rescisións de contrato.
Manifestación A Guarda 27 de xuño
17/1/2014 A central nacionalista non descarta acudir ao Xulgado ao entender que se trata dun caso de vulneración de dereitos fundamentais
Segundo lembran dende a central nacionalista, os delegados/as de persoal teñen recoñecido por lei o dereito a un crédito horario mensual para o exercicio das súas funcións, un dereito que non está supeditado ao criterio da empresa e que simplemente debe de ser comunicado con antelación.
San Francisco 15-1-2014
15/1/2014 A Asociación Galega San Francisco, que xestiona centros de atención a persoas con discapacidade intelectual, pretende desfacerse de 16 empregados/a
Arredor dun cento de persoas, entre traballadores/as, familiares de usuarios/as e delegados/as sindicais, participaron hoxe na concentración convocada ás portas dun dos centros da Asociación Galega San Francisco (Agasfra) en Vigo para rexeitar os 16 despedimentos previstos pola dirección. As mobilizacións terán continuidade o vindeiro martes ás 18.00 horas cunha nova protesta diante doutra das instalacións coas que conta Agasfra na cidade.
Manifestación A Guarda 27 de xuño
10/9/2013 Este venres día 13 celebrarase o xuízo polos despedimentos despois da demanda interposta pola CIG
Durante a concentración convocada pola CIG-Ensino este martes 10 de setembro, as delegadas e o delegado de persoal, na súa condición de asociados da Asociación San Xerome Emiliani, propietaria do centro, presentaron 138 sinaturas de socias e socios que esixen a celebración dunha asemblea extraordinaria que teña como punto único na orde do día a readmisión das persoas despedidas.
Manifestación A Guarda 27 de xuño
25/6/2013 Foi este xoves 27 de xuño despois de 50 días de concentracións diarias
A Guarda convertouse un día máis no escenario dunha nova mobilización convocada pola CIG-Ensino para esixir a readmisión das catro persoas despedidas do centro San Xerome Emiliani e para reclamar a súa readmisión. A manifestación tivo lugar ás 11:00 da mañá, saiu do centro San Xerome e percorreu varias rúas da Guarda até a Alameda. Na manifestación participaron as delegadas e delegados da CIG-Ensino do Convenio de Centros de atención a persoas con discapacidade en que a central nacionalista é maioritaria. Tamén estivo presente o Secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o recén elixido Secretario Comarcal da CIG en Vigo, Serafín Otero.
A Guarda
24/4/2013 A CIG-Ensino insistiu en que non cesará nas mobilizacións ata conseguir a incorporación destas persoas
Numerosas persoas quixeron sumarse á manifestación que a CIG-Ensino convocou este 24 de abril na Guarda para reclamar a readmisión das catro persoas despedidas no San Xerome Emiliani. Na marcha, que percorreu as rúas da vila, participaron as delegadas e delegados da CIG-Ensino polo Convenio de Centros de atención a persoas discapacitadas en que a central nacionalista é maioritaria. Tamén estivo presente o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
Despidos Emiliani
9/4/2013 A central nacionalista anuncia mobilizacións despois de que a xunta directiva despedise catro traballadores/as por reclamaren o mantemento dos seus dereitos laborais
A CIG denuncia que o despedimento de catro traballadores/as do centro de atención a persoas con discapacidade San Xerome Emiliani da Guarda constitúe un caso de represión sindical xa que os afectados/as levan tempo opoñéndose os plans da dirección de empeorar as súas condicións laborais. Dende a federación de Ensino anuncian o inicio dunha campaña de mobilizacións para esixir a readmisión dos empregados/as que incluirá reparto de información e concentracións diarias diante do centro a partir do día 15.
 
2/4/2013 CIG-INFORMA Ensino Privado Concertado

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
20/12/2012 18 de decembro de 2012

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador