Ensino privado

Persoal do CAPD Souto de Leixa mobilízase contra o despedimento de tres traballadores/as

Traballadoras e traballadores do Centro de Atención á Discapacidade Souto de Leixa (Ferrol) realizaron unha concentración na mañá deste luns

Seguimento total na folga dos centros de menores xestionados pola Fundación Camiña Social

A CIG-Ensino agarda que a entidade tome boa nota da resposta dada hoxe polo persoal, cese no seu inmobilismo e se aveña a atender as lexítimas demandas das e dos traballadores

Convenio de Educación Infantil 0-3: as patronais porfían no inmobilismo na negociación nunha clara provocación cara o persoal

A CIG-Ensino rexeita a nova proposta das patronais na mesa negociadora do 7 de xullo ao ser aínda peor que as anteriores, nun claro acto de prepotencia e autoritarismo da patronal

Éxito rotundo da xornada de folga das traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos en demanda dun convenio digno

Malia os servizos mínimos abusivos e as ameazas das empresas un 80% das educadoras infantís que traballan en centros privados ou de xestión indirecta do país, e que maioritariamente non chegan ao SMI, secundaron o paro.

Persoal das escolas infantís privadas mobilízanse nos centros coa vista posta na folga deste xoves

Mañá, día da folga, terá lugar en Compostela, partindo da Alameda as 11:30 horas, unha manifestación nacional

Traballadoras das escolas infantís privadas mobilízanse na Coruña e Vigo por un convenio digno

Persoal das escolas infantís privadas e de xestión indirecta concentráronse na tarde deste xoves na Coruña e Vigo para demandar un convenio colectivo digno e rexeitar a falta de vontade negociadora das patronais.

Por un convenio e salarios dignos nas escolas infantís

Non ao bloqueo das negociacións

Asinado o "Acordo de despido libre subvencionado para docentes da concertada"

Asinouse onte, 14 de xuño, pola Consellaría de Educación e todas as patronais da concertada así como os sindicatos FSIE e USO.

A CIG-Ensino non asinará un acordo de despido libre subvencionado no ensino concertado

Mesa Comisión Tripartita da concertada para a “negociación” do AME.

Táboas salariais 2022 e 2023 do ensino concertado

A CIG-ensino non subscribe a nova revisión salarial para 2022 nin as táboas salariais de 2023, asinadas polos sindicatos estatais nun novo “amén” ás patronais, ao incrementarse a perda de poder adquisitivo actual e futura