Ensino privado

Seguimento do 80% no cuarto día de folga e afluencia masiva á manifestación en Compostela en demanda dun convenio digno para o primeiro ciclo de educación infantil

Esta mañá centos de traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta clamaron en Santiago por uns salarios dignos que nalgúns casos non chegan ao SMI, máis dereitos laborais e respecto por un traballo esencial.

A CIG rexeita o despido dun traballador de Amicos e reclama a súa inmediata readmisión

A dirección responsabilízao duns feitos que non se lle poden imputar ao non estar ao cargo do usuario que sufriu un accidente, polo que queda clara que a intencionalidade é represaliar o traballador e amedrentar o resto do persoal.

O persoal das escolas infantís manifestarase en Compostela na cuarta xornada de folga por un convenio digno

A CIG-Ensino fai un chamamento a toda a comunidade educativa para participar nesta marcha, coa finalidade non só de loitar polos dereitos laborais, sociais e salariais das traballadoras, senón tamén para mellorar a calidade nesta etapa educativa

Éxito na terceira xornada de folga nas escolas infantís privadas malia os servizos mínimos abusivos

A Consellaría de Política Social decretou uns servizos mínimos abusivos para os centros privados, que até agora non tiñan obriga de manter un mínimo de persoal traballando.

Por un convenio digno e salarios xustos e polo desbloqueo das negociacións

Terceiro día de Folga nas escolas infantís 0-3 de aplicación o XII convenio colectivo estatal de centros de asistencia e E.I.

Novo pulso e provocación irresponsábel das patronais que se manteñen no involucionismo nas negociacións do XIII convenio estatal de educación infantil logo das dúas folgas en outubro

A CIG-Ensino volve rexeitara proposta da patronal na mesa negociadora do 2 de novembro, por manter a mesma liña miserenta que as anteriores, e fai un chamamento á unidade sindical para manter a presión nas dúas próximas folgas de novembro.

A segunda xornada de folga das traballadoras das escolas infantís deixa de novo un seguimento de arredor do 80% e manifestacións nas cidades de Vigo e da Coruña

Centos de traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, na etapa 0-3 anos, volveron saír á rúa este mércores para reclamar un convenio colectivo xusto, con salarios e condicións laborais dignas e que se recoñeza o seu traballo.

Segundo día de Folga nas escolas infantís 0-3 de aplicación o XII convenio colectivo estatal de centros de asistencia e educación infantil

Por un convenio digno e salarios xustos nas escolas infantís 0-3: Polo desbloqueo patronal das negociacións.

Seguimento masivo da folga nas escolas infantís privadas en demanda dun convenio digno

As traballadoras e traballadores das escolas infantís privadas ou de xestión indirecta -etapa 0-3 anos- están secundando a primeira das catro xornadas de folga convocadas para reclamar un convenio digno e uns salarios xustos