Calendario

Decembro 2018

Outros Xoves, 20 Decembro2018
Programa Observa_Acción

Na web da Consellaría a resolución definitiva coa listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “OBSERVA_ACCIÓN” durante o curso 2018-2019.

Outros Xoves, 20 Decembro2018
Formación permanente do profesorado

Publicada a resolución definitiva da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado no curso 2018/2019.

Outros Mércores, 19 Decembro2018
Curso de actualización da función directiva

Anunciada a próxima apertura do prazo para realizar o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Outros Mércores, 19 Decembro2018
Proxectos de innovación en FP

A Consellaría convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.

DOG Martes, 18 Decembro2018
Novo centro de música e danza

Autorizada a inclusión da Escola de Música de Vilatuxe no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros Martes, 18 Decembro2018
DELF escolar

Na web da Consellaría a información relativa ás probas do DELF Escolar en Galiza.

DOG Venres, 14 Decembro2018
Acreditación de competencias profesionais

Publicado no DOG o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

DOG Xoves, 13 Decembro2018
Concurso de orientación

Convocado o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIP, CEP e CEE.

Outros Xoves, 13 Decembro2018
Concurso de Traballo por Proxectos

Publicada a resolución cos traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou desenvolvidos coa participación da biblioteca escolar durante o curso 2017/2018.

DOG Martes, 11 Decembro2018
Premios na ESO ao esforzo e á superación

No DOG a concesión dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18.

DOG Martes, 11 Decembro2018
Pagamento para o profesorado do ensino concertado

Publicado o acordo entre a Xunta e varias organizacións sindicais co incremento salarial do persoal docente do ensino concertado en réxime de pagamento delegado.

Outros Mércores, 5 Decembro2018
Programa Observa_Acción

Na web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019.

Outros Mércores, 5 Decembro2018
Curtas de animación en galego

Publicados os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!  para o curso académico 2018/2019.

Outros Martes, 4 Decembro2018
Radio na Biblio

Na web da Consellaría a relación dos 30 centros que se incorporan ao programa Radio na Biblio para o curso 2018/2019.

Outros Martes, 4 Decembro2018
Interinidades en interpretación no teatro do xesto

Anunciada a apertura dunha listaxe para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de interpretación no teatro do xesto.

Outros Martes, 4 Decembro2018
Cátedras nos conservatorios

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Outros Luns, 3 Decembro2018
Clubes de lectura

Publicada a resolución provisional da convocatoria de Clubes de lectura destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2018/2019.

< Decembro 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario