Calendario

Outubro 2018

DOG Mércores, 31 Outubro2018
Concurso Xeral de Traslados

Publicada no DOG a convocatoria de concurso de traslados para profesorado do corpo de catedráticos, PES, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.

Outros Mércores, 31 Outubro2018
Espazos Maker

Resolución provisional na web da Consellaría dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.

Outros Martes, 30 Outubro2018
Interinidades en viola

Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola.

Outros Martes, 30 Outubro2018
Exposición sobre Antón Fraguas

Convocado  un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2019, Antón Fraguas Fraguas e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

DOG Luns, 29 Outubro2018
Curso de formación da función directiva

No DOG a convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes.

DOG Venres, 26 Outubro2018
Formación práctica en centros de traballo

No DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo,

Outros Venres, 26 Outubro2018
Interinidades na Escola Superior de Arte Dramática

Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia na ESAD nas especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico, iluminación e técnicas escénicas.

DOG Xoves, 25 Outubro2018
STEMbach

Resolución definitiva no DOG cos centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/19.

Outros Xoves, 25 Outubro2018
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Na web da Consellaría as puntuacións provisionais dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.

Outros Xoves, 25 Outubro2018
Interinidades en xaponés

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de xaponés.

Outros Xoves, 25 Outubro2018
Interinidades en chinés

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de chinés.

DOG Mércores, 24 Outubro2018
Xuntas provinciais de directores

Publicada no DOG unha modificación no procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.

DOG Mércores, 24 Outubro2018
Resolución concurso Eduemprende

No DOG a resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2018.

DOG Martes, 23 Outubro2018
FP dual

No DOG autorización para proxectos experimentais de FP dual de ciclos formativos en centros educativos en colaboración con diversas entidades.

DOG Martes, 23 Outubro2018
Seccións bilingües no CMUS de Vigo

Prorrogada a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Outros Martes, 23 Outubro2018
Programa Clube de Ciencia

Anunciada a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2018/19.

Outros Martes, 23 Outubro2018
Coordinacións do practicum de FP

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.

Outros Martes, 23 Outubro2018
Máster de secundaria

Publicada a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2018/2019.

DOG Luns, 22 Outubro2018
Novos centros plurilingües

Autorizados novos centros plurilingües para o curso 2018/19.

DOG Luns, 22 Outubro2018
Plurilingüismo en infantil

Relación de centros educativos autorizados para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo de infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19.

DOG Luns, 22 Outubro2018
Bacharelato en especialización en idiomas

Autorizados centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/19.

DOG Luns, 22 Outubro2018
Novas seccións bilingües

No DOG a autorización de novas seccións bilingües no curso 2018/19.

DOG Luns, 22 Outubro2018
Ciclos formativos plurilingües

No DOG a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2018/19.

Outros Venres, 19 Outubro2018
Robótica en primaria

Na web da Consellaría a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

DOG Xoves, 18 Outubro2018
Novo nome para o CEIP da Igrexa

O CEIP da Igrexa, das Somozas (A Coruña), pasa a chamarse CEIP O Marbán.

Outros Xoves, 18 Outubro2018
Plan Proxecta

Ampliado o prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta até o venres 26 de outubro.

 

DOG Mércores, 17 Outubro2018
Probas CELGA

Fixadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.

DOG Mércores, 17 Outubro2018
Curso de formación da función directiva

Na web da Consellaría o borrador da convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva.

Outros Martes, 16 Outubro2018
Prácticum da formación pedagóxica do profesorado de FP

Listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.

Outros Martes, 16 Outubro2018
Prácticum do máster da ESO

Listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2018/2019.

Outros Martes, 16 Outubro2018
Listaxe de interinidades e substitucións

Publicadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, secundaria e profesores técnicos de FP.

Outros Luns, 15 Outubro2018
Bacharelato e Baccalauréat

Publicadas no BOE instrucións relativas ao programa de dobre titulación en Bacharelato-Baccalauréat para o curso 2018/2019.

Outros Mércores, 10 Outubro2018
Proxectos de formación permanente do profesorado

Publicada a resolución provisional da convocatoria dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.

Outros Mércores, 10 Outubro2018
Interinidades en chinés

Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés.

DOG Luns, 8 Outubro2018
Consellos escolares

No DOG o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

DOG Venres, 5 Outubro2018
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizadas novas ensinanzas no centro Eleven School de Vigo (Pontevedra).

DOG Venres, 5 Outubro2018
Novo centro privado en Compostela

Autorizada a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Semente Compostela.

Outros Venres, 5 Outubro2018
Semana STEM

Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.

DOG Xoves, 4 Outubro2018
Premios extraordinarios de bacharelato

No DOG a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

DOG Xoves, 4 Outubro2018
Premio Proxecta

Na web da Consellaría a resolución definitiva pola dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018.

DOG Xoves, 4 Outubro2018
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Na web da Consellaría as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.

DOG Mércores, 3 Outubro2018
Oferta educativa nas EOIs

Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas.

DOG Mércores, 3 Outubro2018
Recollida de documentación do CXT

As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas desde o día 8 ata o 26 de outubro en horario de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.

DOG Mércores, 3 Outubro2018
Nomeamento de funcionarios en prácticas nas Cátedras dos conservatorios

No DOG o nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Outros Mércores, 3 Outubro2018
Interinidades en xaponés

Anunicada a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia nas EOIs, especialidade de xaponés.

Outros Mércores, 3 Outubro2018
Interinidades en navegación e instalacións mariñas

Aberta listaxe para cubrir interinidades e substitucións de secundaria na especialidade de navegación e instalacións mariñas.

DOG Martes, 2 Outubro2018
Adxudicación definitiva de destinos provisionais

No DOG a adxudicación definitiva dos dos destinos provisionais para o curso académico 2018/19.

DOG Martes, 2 Outubro2018
Nomeamento de funcionarios en prácticas

Publicado no DOG o nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o proceso selectivo de 2018.

Outros Martes, 2 Outubro2018
Interinidades no Conservatorio

Aberta unha listaxe de interinidades e substitucións para varias especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

DOG Luns, 1 Outubro2018
Acordo retributivo

Por primeira vez, a Xunta publicita no DOG o acordo retributivo ao que chegou con dous sindicatos minoritarios no ensino.

< Outubro 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario