Calendario
22/06/2018
FP dual
Autorizados proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de FP en centros educativos en colaboración con diversas entidades.
Oferta modular para adultos
No DOG a oferta modular actualizada polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP.
Oferta de FP
Actualizada no DOG a oferta de formación profesional do sistema educativo polo réxime ordinario.
Centros plurilingües
Listaxe provisional de centros admitidos e excluídos para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2018/2019.
Centros plurilingües en infantil
Publicada a listaxe provisional de centros admitidos no programa Plurinfantil para o curso 2018/2019.
Bacharelato en especialización en idiomas
Listaxe provisional de centros admitidos no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2018/2019.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Listaxe provisional dos centros autorizados CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2018/2019.
Seccións bilingües
Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros admitidos e excluídos das novas seccións bilingües para o curso 2018/2019.